Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día das Escritoras 2022

jueves, 24 de noviembre de 2022
O Día das Escritoras xira, este ano, ao redor do lema "Antes, durante e despois das guerras". A súa comisaria é Carmen Domingo que escolleu máis de vinte textos que nos falan de conflitos bélicos en calquera lugar do mundo no voz de mulleres como Aida Día das Escritoras 2022Cartagena Portalatín, Alaí de Foppa, Alcira Soust Scaffo, Almudena Grandes, Ángela Jeria, Berta Cáceres, Carmen de Burgos "Colombine", Carmen Martín Gaite, Carlota O'Neill, Cecilia G. Guilarte, Concepción Arenal, Elena Fortún, Emilia Pardo Bazán, Isabel Oyarzábal de Palencia, Juana Doña, Luisa Carnés, Luz Pozo Garza, María Elena Walsh, María Lejárraga, María Teresa de Escoriaza, María Teresa León, Matilde Elena López, Mercè Rodoreda, Montserrat Roig, Nellie Campobello, Rosario Castellano ou Sorne Unzueta, xunto a unha das trece rosas (que seica eran catorce), Dionisia Manzanero, que escribe unha carta aos seus pais dende o cárcere de Ventas antes de ser fusilada.

Unha escritora en euskera, dúas en catalán e outra en galego (Luz Pozo Garza) das que se adxunta ao lado do texto orixinal a tradución ao español. Os títulos tamén nos poden axudar a situarnos, dende un poema documental a discursos, "Desde la noche y la niebla" a "Els catalans als camps nazis", "Chile denuncia y testimonio" a "Poesía en armas", "Memoria de la melancolía”, "Romanza de las rejas", "Monólogo en la celda", "Aunque es de noche", "En mi hambre mando yo", "Celia en la revolución", "La dona i la revolució", "La semilla fatal", "Cartas a las mujeres de España", "En la guerra", "Crónicas de España", "Cuadros de la guerra carlista", "Muller a facer vento"...

En todas as guerras son as mulleres un branco doado. A muller sofre moitas veces agresións sexuais que se suman ás agresións físicas; nela castígase tamén ao home e incluso sofren a chamada violencia vicaria cando son agredidos os fillos e fillas, coa finalidade de facelas sufrir. Nas guerras pelexan coma eles, pero ademais sofren a penuria de non poder alimentar a prole que pariron, por iso, moitas veces escoitaremos dicir que as mulleres poderían pór algo de sentido nas negociacións de paz ou nas declaracións de guerra. Por iso as oímos berrar "Nós, que damos a vida, queremos a paz". Cando as mulleres están conectadas coa terra saben da dor da perda e de necesidade de acordar, de encontrarse e falar.

Son tan absurdas as guerras que hai quen as vive en abstracto, hai quen non dá entendido o sen sentido de que uns dirixentes que fican no despacho envíen á morte a quen non tomou a decisión, e manipúlanse as mentes cargándoas de odio.

As organizacións internacionais, os homes bos ou as mulleres de paz deberían parar todos os tanques con verbas e con votos, porque somos nós quen escollemos aos tolos que nos conducen ao abismo. Fixérono co nazismo e seguimos facéndoo na actualidade. Aquí tiñamos desculpa, eramos froito dun golpe militar que acabou co mellor do país; non votamos a ditadura, chegou como unha ave rapaz cargada de bombas, con uniformes que arrasaban, con bandeiras e escudos, o partido no que apuntaba o peor de cada casa para acabar co progreso e a cultura. Chegaron a berrar "Viva a morte" creando o terror porque só co medo podían vencer, nunca con razóns.

Todo isto fai que as mulleres escriban sobre a guerra, dende a que ven aproximarse cos seus pasos de robot maligno ata que ven o resultado do desastre. Mulleres que escriben dende a literatura ata o xornalismo, dende a arqueoloxía á carta de despedida, dende o ensaio ao teatro, da poesía ao artigo, mulleres que defenden o planeta e a paz cos seus discursos dende tódalas frontes.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES