Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 24 de noviembre de 2022
Ó estilo do salvaxe oeste

Ó mellor é porque vemos moitas películas do Oeste e axiña queremos imitar a John Wayne e Clint Eastwood ou a Jack Palance e Lee Van Cleef. Hai uns quince días ou así houbo un tiroteo en Maceda e, antes, a finais de outubro, foron as chairas de Cidade Real as que se converteron nunha simulación fordiana ou leonania.
Nesa provincia de Castela-A Mancha un home matou a dúas persoas e feriu a tres. Un dos mortos era un labrego que intentou mediar na liorta que tivera o pistoleiro co seu pai. Pingas de OrballoIsto adoita acontecer moito: que o que se mete polo medio intentando separar é o que máis malleira leva. O outro morto foi un policía local, algo así coma o shériff do Far West. O tirador ou pistoleiro púxose tan bravo que non houbo máis remedio que abatelo.
Tanto un caso coma o outro, por desgraza, case acontece diariamente no noso país. Non obstante, a nós, a min impresionoume máis o de Maceda polo que é Maceda. Non só por coñecela e traballar alí case trinta anos, senón por ser unha vila pequena e porque, como nos coñecemos todos, pensamos que nunca pasarán esas cousas. Ata que pasan.
Despois tamén está a forma en que pasan. No caso de Maceda, plantarse nun piso e descargarlle tres tiros a unha persoa con esa facilidade é como para pensar nese Salvaxe Oeste no que entrabas nunha localidade a galope tendido e pegando tiros a esgalla. Está visto que, tanto antes como agora, os problemas, resolvémolos sempre así: a tiros.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES