Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contra a violencia de xénero

martes, 22 de noviembre de 2022
A UNED Senior Coruña en Loita para erradicar toda clase de maltrato e Violencia contra a Muller.

Xornada de encontró en Paderne, con cantos, poesía e diversas actividades para facer visible tanto dolor e sufrimiento exercido por as institucions e poder político.

Contra a violencia de xénero

Unha vez máis, temos que seguir protestando contra a violencia de xénero. O patriarcado, que é o dominio do home sobre a muller e demais membros da familia, necesita da violencia para poder perpetuarse. Non só o poder político e social, senón que todas as relixións xustifican, como unha lei natural, a superioridade dos homes sobre as mulleres; por iso, resulta tan difícil de desmontar, igual que todos os prexuizos.

Algo estamos facendo mal, cando a violencia de xénero non diminúe. O trato que se lle dá á muller nos medios de comunicación é degradante; é un mal exemplo para homes, mulleres, nenos e nenas.

Non se pode fomentar nas persoas a mentalidade machista. Non é suficiente que a escola trate de educar na igualdade, se a sociedade non colabora e rema na mesma dirección. Non se conseguirá nada mentres haxa un patrón feminino e outro masculino. E a vía penal non pode ser a única. É importantísima, pero non pode ser a única.

A muller ten que ser tratada en pé de igualdade co home. Cando nos medios vemos presentadores de programas perfectamente vestidos e, ao seu lado, presentadoras con pouca roupa, ou con partes do seu corpo ao aire, a que conduce isto? Á cosificación da muller, a que sexa tratada como un obxecto decorativo!

E, xa non falemos da prostitución, unha das máis burdas violencias machistas, onde o home compra á muller, como se fóra unha Mera mercadoría.

A pesar de todas as campañas institucionais en favor da igualdade, o poder non está facendo o suficiente para evitar que a violencia machista se perpetúe. Os presidentes dos consellos de administración das empresas seguen sendo homes, a maioría das cátedras universitarias están ocupadas por homes, cando o número de universitarias é maior que o de universitarios, etc.

E xa non falemos da Igrexa, onde a muller ten vetado o acceso ao sacerdocio e a outros postos de responsabilidade, cando debería ser unha institución exemplar.

E a familia, como reflexo da sociedade, tampouco está educando na igualdade, cando se lle piden roles e comportamentos diferentes a nenos e nenas: no vestir, na actitude diaria, etc,etc.

En fin, que temos que reflexionar e cambiar de mentalidade, se non queremos que a violencia machista continué sendo estrutural e se perpetúe na sociedade.

José Rodríguez Pérez
María Lourdes Pérez Freire
UNED Senior de Xestoso
Paderne.
Uned Senior Coruña
Uned Senior Coruña


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania