Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para traballar e divertirse

miércoles, 26 de noviembre de 2008
Aínda que cada cidade, cada conxunto de individuos, reflicte unha infinita variedade de actividades, cometidos, profesións ou realidades, os tópicos marcan moitas veces as actividades maioritarias presuntas nunha determinada poboación.

O estudio Merco Ciudad 2008 ven de analisar as cidades españolas segundo as características máis importantes que as fan ideais en algún aspecto, que acadan consideración determinada por algunha das súas características.

Dentro do total hispano, e tendo en conta que o encabezamento como cidades de mellor reputación comeza polas habituais Madrid, Barcelona, Valencia... tampouco está tan mal que Santiago estea situada no número dez, Coruña no dezaseis e haxa que baixar ata o corenta para atopar a Vigo.

Que xa, referido exclusivamente a Galicia, estas tres cidades se reparten as “nominacións”, e así resulta que Santiago se considera a cidade ideal para visitar e para estudiar, Vigo para traballar e facer negocios, e a Coruña para divertirse e para vivir, ocupando as tres os tres primeiros postos en todas estas clasificacións. Quedan descolocadas Lugo, Ourense e Pontevedra, as dúas primeiras situadas ó leste de Galicia –ese que case non existe- e a última, Pontevedra, por estar demasiado cerca de Vigo e quedar irremisiblemente atraída pola súa área de influencia.

Estes estudios veñen dicirnos cousas que xa sabemos ou intuímos, pero tamén nos indican que moito hai que facer en determinados núcleos para conseguir situarnos en lugar de consideración diante de nós mesmos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania