Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moito ánimo

jueves, 24 de noviembre de 2022
A verdade é que nos toca vivir uns tempos un pouco raros.
Un pouco raros e tamén difíciles.
Parece que debía ser ó contrario; pero non.

Cos adiantos que temoshoxe en día e que a vida resulte complicada, non deixa de parecer extraño.
¿Imos a mellor?

¿Non sería máisdoado criar un filloen tempos pasados, TENDO MOITOS MENOS MEDIOS?

Porque:
DESEMPEÑAR COMO É DEBIDO A FUNCIÓN DE PROXENITORES HOXE EN DÍA, TEN O SEU MÁIS OU MENOS.

Debía ser normalísimo que as parellas estables poideran ter os fillos que desexaran sen demasiados inconvintes.
Porque hoxe en día temosmoitos adiantos que nos facilitan a vida.
Pero aínda así encontrámonos con problemas engadidos.

É BEN CERTO QUE PROBLEMAS NUNCA FALTAN.

Hoxe en día necesitan traballar os dousfóra da casa para realizárense como persoas e máis para colaborar cos gastos da vida diaria.
Eso implica colaboración dentro e fóra do fogar, e non sempre resulta fácil conciliar a vida laboral coa vida do fogar.
¿Quen se cuida das criaturas?

Iría ben que as empresas tiveranservizo de gardeiría; pero non o teñen.
Sorte os que teñanavósque fagan gustosos esa función; pero non sempre poden.
Tampoucohaimoito de quen botar man.
As gardeirías son escasas e caras.
E no medio rural non existen.

Pero eso aínda non é o peor.
O peor é que como os proxenitores de hoxe en día non teñen tempo para educar ós fillos: DANLLES TODO FEITO E AS CRIATURAS NON ACADAN A AUTONOMÍA NECESARIA.

E enseguida saltan a vista:
-Falta de madurez.
-Mal comportamento no colexio.
-Malos resultados académicos.
-Problemas varios: síndrome desto, síndrome daquelo...

Cando os proxenitores se dan conta da situación, a veces,xa non saben comofacerporque a rapacería escápaselles das mans.

Difícil o ten a familia de hoxe en día.
MENOS MAL QUE AÍNDA QUEDAN FAMILIAS QUE PRIORIZAN A EDUACIÓN DOS FILLOS POR ENCIMA DE TODO.
SON FAMILIAS BEN ESTRUCTURADAS QUE FALAN MOITO COS SEUS PUPILOS E POÑEN NORMAS DESDE O DÍA QUE NACEN.

Esas familias son conscientes de que a vida esixemoitas renuncias e hai que entranarse desde o berce.
Son familias que teñenmoita paciencia e conservan os ánimos moi altos.
Saben que a familia non ten os apoios que necesita por parte dos servizos públicos; pero multiplican os esforzosno fogar.
Son familias dignas de admiración; porque como dicíao principio, vivimos uns tempos moi raros.

Óspproxenitoresdestaxeraciónresúltalles difícil a crianza dos fillos; pero, ó paso que imos, a seguinte non o vai a ter fácil tampouco.
Non sei porque complicamos tanto a vida.
¿Quereremos alcanza-lo ceo cos pés?
¿Non iría mellor recupera-lo sentido común?
¿Non iría mellor recupera-lo respecto?

"RESPECTO E SENTIDO COMÚN"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitasgrazas por termenasúa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES