Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Epistolario entre Eugenio Montes e José Fernández 'Pepín'

lunes, 21 de noviembre de 2022
A relación de amizade entre José Fernández Rodríguez "Pepín", propietario de Galerías Preciados, con Eugenio Montes, podemos situala ao comezo da Guerra Civil e durou toda a vida; ambos morreron con mes e medio de diferenza, Montes (28/10/1982) e Pepín (16/12/1982).

A través das numerosas cartas, principalmente por parte de Pepín, temos información de premios, condecoracións e noticias de prensa, sobre a intensa vida intelectual de Eugenio Montes. Grazas a esta documentación (1), podemos identificar fitos importantes das súas historias de vida.

Anos 1937-1939

A primeira carta, que temos documentada, con data do 3 de xullo de 1939, enviada por Pepín a Burgos (2), domicilio de "La Junta Técnica del Estado", o chamado Goberno de Burgos (1936-1939), apórtanos datos importantes, (anexo 1).
[Antes de caer Madrid, cuando yo estaba en San Sebastián no iba usted por allí y cuando iba no estaba yo en San Sebastián]. Sitúanos a finais de marzo de 1939. A caída de Madrid foi o 28 de marzo de 1939.
A continuación comenta unha entrevista previa a carta, con Montes en San Juan de Luz:
[Así no he vuelto a coincidir con usted después de aquella para mí inolvidable entrevista nuestra en San Juan de Luz]
Cita no texto a [Manuel] Halcón3 (Sevilla, 1902- Madrid, 1989), e fai referencia a carta que lle enviou Montes a San Sebastián en febreiro de 1937:
[Con Halcón - en cuya noble amistad me introdujo aquella bellísima y generosa carta que me envió usted a San Sebastián en febrero de 1937]
Con admiración, paixón e cariño, Pepín, seguiu a Montes, durante toda a súa vida, como veremos por o resto da correspondencia:
[Pero he seguido su huella y sus pasos por todas partes. Y creo no haber dejado de leer ni un solo artículo suyo, cada uno de los cuales siempre me da la impresión de que usted se ha superado a si mismo]
Ademais informa que emigrou con dezaseis anos, que está á fronte do pequeno negocio mercantil, que sería o xerme de Galerías Preciados, e quere xantar con el cando veña a Madrid.

Anos 1940-1941

A segunda carta, da que temos constancia, é do día 11 de xaneiro de 1940 e vai dirixida a Eugenio Montes, Consejero Nacional [de Falange] Madrid.
O motivo principal do texto, é para felicitar a Montes, con algo de retraso, por a consecución do Premio Nacional "José Antonio Primo de Rivera", por o artigo "Las nupcias del pueblo español con la gloria":
[¿Necesito decirle que me llena el alma de júbilo este triunfo suyo? Me une a usted no solo un sentimiento de admiración, que cada día ha venido haciéndose más profundo, sino el de la viva simpatía personal que nació en el curso de nuestra charla en San Juan de Luz].
A carta manuscrita de Eugenio Montes, en papel timbrado de "Consejero Nacional. Falange Española Tradicionalista y de la J.O.N.S, con data do 17 de xaneiro de 1940, é para agradecer a felicitación por o premio recibido, ademais dálle información da súa viaxe a Cuba, que vai pasar por o comercio para saudalo e fixar o día do xantar pendente e que tamén sente gratas lembranzas do encontro de San Juan de Luz, (anexo 3).
O día 29 de xaneiro de 1940, Pepín, felicita a Montes, por o discurso que pronunciou na homenaxe que lle fixo a Asociación da Prensa. Son tantos adxectivos cualificativos xuntos, que por momentos semella que se solapan. Fáiselle imposible disimular a admiración que sente por Montes, (anexo 4).
De novo escribe, o día 3 de febreiro de 1940, para felicitar a Montes, co gallo de ser elixido académico en substitución de Ramiro de Maeztu (4), (1874-1936). Ramiro sufriu o terror das checas madrileñas, foi asasinado o día 29 de outubro ás aforas de Madrid.
No escrito solicítalle un desexo a Montes:
[¿Podré yo tener el exquisito placer de oírle cuando pronuncie su discurso de ingreso?]
Discurso que se retrasou trinta e oito anos (1940-1978), demasiado tempo esperou Montes, segundo as súas palabras "debaixo do lintel de entrada da Academia".
Pepín ten puntualmente informado de todas as noticias de prensa que fan referencia aos seus premios e artigos, (anexo 5).
O día 3 de abril de 1940, envíalle a páxina do Diario de la Marina de Cuba, onde se reproduce o seu artigo "Las nupcias del pueblo español con la gloria", (anexo 6).
Grazas a estas informacións, temos coñecemento de premios, que non tiñamos documentados, nesta ocasión, a carta do día 23 de xaneiro de 1941 era para felicitalo por a concesión das insignias da Gran Orden de Cristo de Portugal (5), (anexo 7).

Anos 1952-1956

A felicitación por a entrevista do diario "Arriba", que lle fixo Rafael García Serrano (6), que lle trae un dobre agasallo, tanto por o que comenta, como por a viaxe que vai iniciar, e que ademais, vai publicar esas experiencias, (anexo 8).
O día 20 de outubro do ano 1952, Montes déixalle unha nota manuscrita, na que ía a velo, que sinte non encontralo e que o chame ao longo da mañá, (anexo 8).
A carta de Pepín, do día 20 de novembro do ano 1953, era para comunicarlle a satisfacción que lle produciu a noticia do diario Arriba, por a concesión do premio: "XX Aniversario de la Falange", (anexo 10).
A carta que lle enviou Pepín o día 22 de abril de 1955, era para comunicarlle o sentido pésame por o falecemento da súa nai. Noticia que coñeceu a través da prensa, (anexo 10).
Eugenio Montes, nese momento de profunda dor, agradece as letras entrañables do seu benquerido amigo, e como de costume, trae a cita oportuna de Miguel de Cervantes. "De las miserias suele ser alivio una compañía” (7). La cercanía de alguien, especialmente de alguien querido, alivia cualquier dolor o sufrimiento, (anexo 11).
O día 24 de xuño de 1955, Pepín, felicitou a Eugenio Montes, a través da carta que lle enviou a embaixada de España en Roma, por a condecoración do goberno italiano, "La Orden de Mérito de la Republica". Recolle a noticia do diario Arriba dese mesmo día, (anexo 12).
Por medio da carta manuscrita, en papel timbrado do Instituto de Lingua e Literatura de Roma, do día 2 de xullo de 1955, Montes agradécelle a felicitación, e ademais, danos información da outra condecoración que xa posuía do goberno italiano que era: "La Corona de Italia", que lle concedera a Monarquía en tempos de Mussolini, (anexo 13).
"Ejemplos españoles de profecía e historia”, foi o título da conferencia que Montes pronunciou na reunión do Convenio Internacional por la Paz y la Celebración Cristiana, no pazo vello de Florencia, con tal motivo, e debido a repercusión que tivo na prensa española, o día 4 de xullo, Pepín, felicita a Montes, a quen denomina como o emperador da palabra e do pensamento, (anexo 14).
O Goberno de Ecuador concedeulle a Eugenio Montes a Orden Nacional al Mérito en su categoría de Gran Oficial, que lle foi imposta o día 12 de outubro de 1956, con motivo deste recoñecemento, Pepín, felicita a Montes o día 9 de novembro dese mesmo ano.

Anos 1961-1965

O día 25 de xaneiro do ano 1961, Pepín Fernández, felicitou a Eugenio Montes, ao ser condecorado por o goberno peruano coa "Gran Cruz al Mérito", como recompensa por a súa participación no Ciclo Cultural Peruano. Conferencias impartidas na embaixada do Perú en España, no ano 1960 por seis intelectuais: Menéndez Pidal, Victorio Macho, Marqués de Lozoya, José María Pemán, Eugenio Montes e Gregorio Marañón.
Os textos das conferencias foron publicados por Austral o mesmo ano co título "Seis temas peruanos", (anexo 15).
A carta que lle enviou Pepín, o día 2 de xaneiro de 1962, era para solicitarlle o artigo, sobre Jorge Mañach, (1898-1961)8, publicado en La Vanguardia. (anexo 17).
[La viuda de Jorge Mañach me pregunta (...) si conservo recortes de artículos aparecidos en la prensa española con motivo de la muerte de su marido (...) me falta el de un magnifico trabajo tuyo, que creo haber leído en La Vanguardia].
O día dos Reis Magos do ano 1962, en carta manuscrita, Montes aclara o tema do artigo sobre Jorge Mañach e coméntalle o encontro con Manuel Aznar (9), que quedou en mandarlle o seu artigo, (anexo 18):
[Mi querido Pepín, no escribí yo ningún artículo sobre Jorge Mañach, porque a causa de mi ausencia, ni le vi cuando vino a España ni me enteré de su muerte sino pasado largo tiempo.
Creo le dediqué un artículo sobre La Habana, publicado, en efecto en La Vanguardia en el último verano, por los días del certamen de Torrevieja. Al evocar La Habana de bellos días antiguos, en una Cuba civilizada, hoy desaparecida, me surgió el recuerdo de aquel cubano casi del todo español y civilizadísimo].
O día 9 de xaneiro de 1940, Pepín contéstalle a Montes, agradecendo a carta e infórmalle, que se puxo en contacto con Manuel Aznar, (anexo 19).
O día 24 de maio do mesmo ano, Pepín, agradece a Montes a mensaxe que lle enviou nunha tarxeta, (anexo 20):
[Querido Eugenio: Te agradezco en el alma las generosas palabras de tu tarjeta]
No centenario do nacemento de D. Miguel de Unamuno10, Eugenio Montes publica no diario ABC o día 24 de setembro de 1964 o excelente artigo, "D. Miguel y la España Eterna". Con tal motivo, o día 27 do mesmo mes, felicítao Pepín, (anexo 21).
No acto da apertura do curso da Escola Oficial de Periodismo, o día 2 de outubro de 1964, o ministro de información e Turismo, D. Manuel Fraga Iribarne, entrégalle a Eugenio Montes o título de "Periodista de Honor", con tal motivo, Pepín, envíalle unha nota de felicitación o día 3 de outubro, (anexo 22).

Anos 1965-1978

O día 28 de abril de 1965, Pepín, escríbelle a Montes para agradecerlle as afectuosas palabras, que Montes lle enviou nunha tarxeta, (anexo 23).
O día 10 de xuño de 1965, temos documentada unha nova felicitación, (anexo 24):
[Querido amigo:
¡Con cuánta satisfacción de mi espíritu leí anoche en Informaciones la muy prestigiosa columna titulada: "¡Figuras", en la que tan justamente se resume la noble y fecunda vida de tan insigne personalidad!].
Na carta mecanografada, en papel timbrado do Instituto Español de Lingua e Literatura de Roma, do día 15 de maio de 1967, Montes, precisa da súa axuda para poder conseguir dous libros, (anexo 25):
[Querido Pepín:
(...) la sección de librería de tus Galerías, anuncian un libro de Américo Castro sobre Cervantes. Como aquí no hay manera de procurar ese libro y me interesa mucho te agradecería que me lo enviases.
(...) en casa de nuestro común y querido amigo Manuel Halcón, me ofreciste el libro de Miguel Maura. Yo no recogí entonces el ofrecimiento porque creía poder encontrarlo aquí en la librería española, pero resulta que tampoco lo tienen].
Os dous libros aos que fai referencia Montes son: “Cervantes y los casticismos españoles" (11), de Américo Castro e "Así cayó Alfonso XIII" (12)de Miguel Maura.
Se comparamos as sinaturas do documento do día 29 de abril de 1955 ca do 15 de maio de 1967, podemos deducir, que esta última non foi feita por Montes, (anexo 26).
As tres seguintes comunicacións entre Pepín, Departamento de Ventas ao estranxeiro e Montes, fan referencia a orde de envío, envío e recepción dos dous libros, (anexos 27, 28 e 29).
A carta que con data 15 de xullo, lle enviou Pepín, era para felicitalo ao ser nomeado membro de número da Academia Paestrum, (anexo 30).
Numeroso foron os recoñecementos e premios recibidos en Italia, o cariño era recíproco. A estrofa de tres versos, que tan ben identificaba aos nosos Tercios durante os séculos XVI e XVII, os dous primeiros ben se lle podían aplicar a Eugenio Montes "España mi natura, Italia mi ventura, Flandes mi sepultura" (13).

Os dous documentos dos días 4 e 27 de outubro do ano 1978, son unha carta de Montes e a contestación de Pepín, que fan referencia ao perfil profesional dun posible candidato para traballar en Galerías Preciados.

"Fernández Rodríguez, José. Pepín Fernández. Grado (Asturias), 12.XII.1891 - Madrid, 16.XII.1982. Fundador y primer presidente de Galerías Preciados, primer gran almacén español. En 1908, con dieciséis años y escasa preparación, emigró a México en busca de fortuna y dos años después partió a La Habana, donde vivía una hermana.
Nada más llegar a la isla fue contratado en los almacenes El Encanto de La Habana, uno de los más importantes de la isla y en los que su primo César Rodríguez, primer presidente y propietario de El Corte Inglés, era gerente. Los almacenes El Encanto, en los que también trabajó Ramón Areces, eran un gran comercio al estilo norteamericano: edificio de varias plantas, departamentos especializados, oferta variada de artículos, entrada libre y atención cuidada a los clientes, salas de ocio, audacia comercial y uso de la publicidad para darse a conocer y estimular las ventas, (...).
A su llegada fue contratado como "cañonero", expresión que designaba al "chico para todo" que debía salir como un cañón en cuanto el resto de los empleados o los propietarios le demandaran una tarea.
Pero muy pronto comenzaron sus ascensos, en 1911 pasó al departamento de venta como dependiente y en 1912 al de administración, donde se encargó primero de la contabilidad y después de la publicidad, (...).
Debido a su dedicación e implicación en el negocio en 1916 los dueños "le interesaron" en la empresa, lo que suponía recibir una participación en los beneficios, y en 1923 le nombraron gerente, el cargo de máxima responsabilidad. En 1920 contrajo matrimonio con Carmela Menéndez y en los años siguientes nacieron sus tres hijos: José Manuel (1921), Carmina (1922) y Jorge (1925).
En 1931 regresó a España con su familia y tres años después abrió su primer comercio, Sederías Carretas, (...).
Galerías Preciados abrió sus puertas al público en 1943 en un edificio de cinco plantas en la calle Preciados, en la que también se instaló el primer edificio de El Corte Inglés.
Entre ambos comercios surgió una dura competencia, que se mantuvo hasta 1995, cuando El Corte Inglés absorbió Galerías. Ambas cadenas contribuyeron a la modernización del comercio en España.
La expansión de Galerías Preciados en los años cincuenta y sesenta fue constante. Abrió centros en las principales ciudades y consiguió implantar hábitos de compra que, pasado el tiempo, beneficiaron a todo el comercio: promociones, rebajas, días especiales para la venta, como el del padre o el de la madre, utilización de la publicidad, que convirtieron a Pepín Fernández en el padre del comercio moderno.
(...) los problemas financieros de la cadena y la incapacidad para renovar su imagen hicieron que, desde mediados de la década de los setenta, entrase en un declive paulatino, que desembocó en una crisis aguda. Pasó a manos del Banco Urquijo y finalmente de Rumasa, que compró la empresa en octubre de 1981. Un año después, el 16 de diciembre de 1982, Pepín Fernández murió en Madrid, a los noventa y un años (14)".

NOTAS:
1. Agradezo a “Fundación Archivo de Indianos. Museo de la Emigración”, a atención e as facilidades que me deron para poder analizar e contextualizar esta documentación.
Fundación Archivo de Indianos - Museo de la Emigración. https://www.archivodeindianos.es
2. Burgos, capital de la España franquista durante la Guerra Civil. https://www.elespanol.com/.../Región/Burgos
3. Biografia de Manuel Halcón.
https://www.biografiasyvidas.com/biografia/halcon
4. Ramiro de Maeztu y Whitney - Real Academia de la Historia
https://dbe.rah.es/biografias/ramiro-de-maeztu
5. Orden de los Caballeros de Cristo - Enciclopedia Católica
https://ec.aciprensa.com/wiki/Orden_de_los_Caballeros
6. Rafael García Serrano | Real Academia de la Historia
https://dbe.rah.es/biografias/rafael-garcia-serrano
7. Las 80 mejores frases de Miguel de Cervantes
https://psicologiaymente.com/reflexiones/frases-mig...
8. Biografia de Jorge Mañach https://www.biografiasyvidas.com/biografia/manach
9. Biografia de Manuel Aznar
https://www.biografiasyvidas.com/biografia/aznar
10. Miguel de Unamuno - BiografiasyVidas .com https://www.biografiasyvidas.com/biografia/unamuno
11. Cervantes y los casticismos españoles. I. Cervantes y El Quijote a nueva luz, II. Más sobre el pasado de los españoles, III. Fray Bartolome de las Casas o Casaus, IV. Sobre lo precario de las relaciones entre España y Las Indias. Editorial: Alfaguara (col. Hombres, hechos e ideas). Año de publicación: 1966. 1ª Edición
12. Así cayó Alfonso XIII. Editorial: Ariel. Año de publicación: 1966
13. España mi natura - Legado Hispánico
https://legadohispanico.es/FelipeII
España mi natura, Italia mi ventura, Flandes mi sepultura
https://ocesaronada.net/de-donde-viene-la-frase-espan...
14. José Fernández Rodríguez | Real Academia de la Historia
https://dbe.rah.es/biografias/jose-fernandez-rodriguez
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES