Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luces de Portomarín

miércoles, 23 de noviembre de 2022
Portomarín, apadriñado por Astorga, é finalista do concurso de FerreroRocher "Juntos brillamos más". O pobo gañador terá o privilexio de ser iluminado por esta empresa no Nadal.

A partir de aquí, sendo de Portomarín, toca facer campaña para que o meu pobo brille un pouquiño máis do habitual, xa que a súa singularidade no mundo é indiscutible (ollo! Falo de singularidade, termo obxectivo). Esta singularidade está tanto na propia estrutura do pobo como na propia historia que emerxeu cando foi anegada, rescatou as súas esencias e trazou os camiños do futuro.

Portomarín quere ser iluminado pero hai que dicir, tamén, que Portomarín ten unha historia inspiradora que ilumina a quen a escoita. A historia dun pobo que puido non existir e existe porque teimou na propia existencia. Un pobo que viu o progreso e virou a quilla cara el. Os seus habitantes lembramos unha realidade agro gandeira que se foi transformando en turística evitando, por certo, a palabra maldita dos galegos: a emigración.

Un pobo de luz cun brillo propio que non eclipsa, senón que promove, os seus propios valores. Un exemplo que FerreroRocher pode potenciar.

Convencinte? Pois vota!, tes ata o 11 de Decembro...

https://pueblos.ferrerorocher.es/es/es/xp/pueblos/vota.html?pueblo=portomarin
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES