Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Irreversible

lunes, 21 de noviembre de 2022
Imos á peonalización irreversible da cidade de Lugo e estamos de acordo en que a cidade é para os humanos e non para os coches. A matizar será a velocidade na que deberemos ser peóns no canto de conductores. Porque os maiores aínda lembramos cando non había circunvalacións e todo o tráfico pasaba pola Ronda, e cando se circulaba e aparcaba na Raíña, Progreso, San Pedro ou Conde Pallares.

A peonalización do centro costou porque os comercios temían ter que pechar se os coches non entraban nas súas rúas, pero os aparcamentos soterrados paliaron as carencias, e o tempo foi asentando unha situación non demasiado problemática. Mesmo se argumentaba en tempos que quitar os camións do centro e da Ronda, e os aparcamentos preto da Catedral, era porque o fume dos coches afectaba aos monumentos, pero conseguido o resultado xa só se argumenta a humanización da cidade.

Os coches son enemigos das cidades, e se non se emprende unha cruzada de eliminación é porque son unha fonte de ingresos para os concellos, só por existir; e para un sector económico amplísimo por existir, funcionar e consumir. Por iso, o ataque faise complicando a circulación para ir desde un punto da cidade a outro, polos desvíos causados polas peonalizacións.

Desde a Milagrosa ao centro, no coche, vinte minutos; a pé, quince. Gosto de ir a pé, pero hai veces que por traballo, compras, porque chove ou porque xa fixen o traxecto un par de veces no día, collo o coche. Pero esto acábase. Hai que olvidarse do coche pola cidade, e xa non polo custo abusivo dos combustibles – agardemos que o aumento non sexa irreversible - senón porque non se poida circular por el
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES