Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 22 de noviembre de 2022
A gran disxuntiva

Soliciteille unha entrevista ó alcalde do meu concello para que me deixase verificar se o río Arnoia pasaba por Baños de Molgas e se a auga da burga puña os dentes negros. Aceptado o encontro e asinado o permiso, marchei a estudar o río ó seu paso pola ponte Pingas de Orballo nova. Levaba auga. Tomei unhas mostras e non tardei en distinguir a auga procedente do río Sor polo seu cheiro, a do río Tioira pola súa tonalidade e a do propio Arnoia polo fluído da evacuación dunha troita. Si, esa de polo río abaixo vai unha troita de pé, corre que te corre quen a puidera coller, corre que te corre quen a puidera pillar. Non me quedou ningunha dúbida; ese río era o Arnoia, que pasaba por Baños de Molgas e non tan só por Allariz.
Para mirar os dentes negros a causa de beber a auga da burga, non me quedou outra que convocar a todos os veciños coa intención de que me ensinaran a súa dentame. Cando lles expliquei o motivo tomaron o asunto a chanza, a chacota. Axiña me puxeron sobre a disxuntiva de que como podía distinguir a negrura pola auga da burga coa negrura polo licor café. A verdade é que me deixaron abraiado. Non caera eu no detalle do licor café.
Sempre oíra de rapaz que a auga da burga puña os dentes negros; pero, claro, o licor café... ai o licor café! Tiven que optar para citalos noutra ocasión. Naquel momento non tiña elementos nin aparellos adecuados para certos análises. Colleron a ben as molestias e mesmo me invitaron a unha copiña de licor. Rexeitei a invitación pola miña abstemia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES