Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 18 de noviembre de 2022
Vinte anos e a vida segue

Vinte anos dos fiíños de chapapote ciscando dun barco no mar galego. E a vida Pingas de Orballo segue. Moita loita, moito orgullo, moito traballo e... ata o próximo desastre. Porque o haberá. Porque é lei de vida.
Tamén é lei de vida o poder dos cartos. Moitas críticas e moitos sentimentos de carraxe porque o mundial de fútbol se celebra en Qatar, onde ós dereitos humanos se lles dá por aquel sitio. Non entendo por que nos alporizamos tanto se, por diñeiro, somos capaces de facer o peor que se pode imaxinar un. Xa o dicía aquel: somos capaces de venderlle a alma ó diaño. Díxeno sempre: que a orde esa da saúde, diñeiro e amor da canción é unha gran trapallada, unha carallada. Diñeiro, saúde e amor. Iso si. A saúde, ás veces, aínda a podes curar con cartos. Sen cartos, xa podes ter unha saúde de cabalo que, como non teñas que levar á boca, as forzas fraquean, o desmaio logo chega e o requiescat in pace axiña fai acto de presenza.
Pingas de Orballo Dereitos humanos en Qatar. Non os hai. Pero os cartos afogan as penas e as ansias e as maldades e as carraxes e os maltratos. Mellor é pechar os ollos e tapar os oídos para deixar que a vida siga e que as toneladas de petróleo as asimilemos como simples fiíños que, maldita casualidade!, foron ciscar no mar da Costa da Morte. Agora, pasados os vinte anos, a catástrofe queda como recordo e mesmo como unha actuación heroica, que o mal que fixo xa é o de menos. Vinte anos e a vida segue.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES