Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Portadores de valores

jueves, 17 de noviembre de 2022
Todos estamos chamados a ser portadores de valores éticos e morais que orienten a vida cara a un mundo máis humano.
Non resulta fácil cando as noticias nos falan a diario dementiras, inxustizas, libertinaxes, infidelidades, egoísmos, hedonismo, consumismo, materialismo, hipocresía, incoherencia...

Pero hai noticias moito mellores porque:
- EXISTEN MOITAS PERSOAS QUE CONSERVAN E TRANSMITEN OS VALORES ÉTICOS E MORAIS QUE SOSTEÑEN A VIDA Ó LONGO DO TEMPO.
A elas lles debemos sumo agradecemento.

-SON AS PERSOAS MOI SENSIBLES, QUE ARRISCAN A SÚA VIDA PARA AXUDAR A OUTRAS.
E hainas en tódolos ámbitos da vida: na vida familiar, na vida profesional e na vida social:

- SON AS PERSOAS QUE SE SENTEN LIBRES PARA FACER TODO O BEN QUE PODEN.
Teñen moi claro o que deben facer, pase o que pase e pese a quen pese.

- SON AS PERSOAS HONESTAS, QUE TAMÉN FAN MOITAS OBRAS DE CARIDADE.
Porque saben ver as necesidades que hai ó seu carón.

- SON AS PERSOAS VERACES QUE VAN COA VERDADE POR DIANTE.
Están convencidade de que a verdade non ten porque molestar a ninguén, e se molesta: non é cousa súa.

- SON AS PERSOAS QUE RESPECTAN O TEMPO E O ESPAZO DOS DEMAIS PORQUE SABEN QUE CADA PERSOA TEN A SÚA INDIVIDUALIDADE PERSOAL.
E aínda que vexamos rarezas noutras persoas, non sabemos as razóns que teñen para mostrárense desa maneira e debemos respectalas.

- SON AS PERSOAS CUNHA FORMACIÓN MORAL ELEVADA, CUNHA CONCIENCIA RECTAMENTE FORMADA.
Persoas que cultivan con sumo esmero a súa vida moral e levan unha vida intachable.

- SON AS PERSOAS QUE ESTÁN FELICES CONSIGO MESMAS E IRRADIAN FELICIDADE ÓS DEMAIS.
Non precisan dar explicación a ninguénporque teñen unha riqueza interior inmensa.

- SON AS PERSOAS COHERENTES COAS SÚAS CRENZAS: AS SÚAS OBRAS VAN PARELLAS COAS SÚAS IDEAS.
Porque o que cren, creno a conciencia e saben que a súa conciencia non engana.

¡QUE MARAVILLA QUE HAXA PERSOAS ASÍ!
Se nos preguntáramos porque haipersoas así,teríamos que sacar algunhas conclusións máis ou menos como estas:
- Ninguén nace aprendido, cadaquén debe cultivarse a símesmo...
- En boa medida somos froito da educación que recibimos no fogar e fóra del.
- Tamén somos froito do ambiente no que desenvolvemos a nosa existencia.
- As persoas das que nos rodeamos, teñen moito peso nas nosas vidas...

DE TAL XEITO QUE SE RECIBIMOS TODOS ESES VALORES FOI PORQUE NOLOS INCULCARON DESDE A MÁIS TENRA INFANCIA.
E se nolos inculcaron, temos o deber de compartilos coas persoas que nos rodean na vida cotiá e transmitilos ós que veñen detrás.
Non se trata de ignoraloscomo algo que xa non está de moda.
Os valores éticos e morais están sempre de moda.
Valen para todose por eso deben espandirse.
Trátase de compartilos como se fai coas mensaxes na redes sociais.
Debemos facelosvirais.
O mundo está moi necesitado destes valores.
Urxe transmitilos.

O POUCO OU O MOITO QUE POIDAMOS FACER POR MELLORAR O MUNDO QUE NOS TOCA VIVIR, REPERCUTE NO BENESTAR GLOBAL E TAMÉN NO NOSO PROPIO.

Pero non só somos portadores de valores, tamén somos receptores.
Debemos estar abertos a recibir e a dar.
RECIBIR O MELLOR DOS OUTROS E DAR O MELLOR DE NÓS.

Temos moita bondade nos nosos corazóns para ir sementando ó longo da vida.
Outros sementaron os froitos dos que nós disfrutamos actualmente.

Somos tan só un elo da cadea da vida.
Cómpre mante-la cadea en bo estado.

"¡MOITO ÁNIMO!"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por ser unha de tantas persoas portadores de valores que tanta falta nos fan e ás que tan agradecidas lles estamos.

E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES