Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Castiñeiro, aí estás

jueves, 17 de noviembre de 2022
Tempo hai que non te vía,
vello amigo que aí estás,
no teu souto ben chantado,
en silencio o mundo a ollar.

Tronco tes, mais é de bronce,
as raiceiras, caste igual.
Nin torbón a ti te move
nin te tomba raio ó chan.

Aires tes de eternidade.
Por centurias os teus anos,
mais ti sempre a meditar
tanto agora coma antano.

O teu porte, o teu estar
e os baldeiros do teu tronco
fálanme da túa entrega
dende o íntimo e máis fondo.

Vida deches dende sempre
a esta túa e nosa terra,
a guerreiros e famentos.
Por te dares vanche apertas!

No magosto ó teu redor
-as castañas a quentar-
ninguén pode, emperador,
mellor festa celebrar.

Lume roibo, noite clara,
e a castaña de ouro vello
faise pan ó chan bicar:
quente e doce, así te quero!

Entre dentes no alto rías
procurando ó chan baixares,
pois vivir é alí estar
onde están os avatares.

Ben o saben os heroes,
celtas, suevos, nós galegos,
que onda ti e ó teu abeiro,
a loitarmos aprendemos.

Resistir é o que ti fas
nunha terra abandonada.
Dásnos ti os teus ourizos
e a castaña da outonada.

Non queremos que nos digan
o que nós debemos ser.
Onte, hoxe e mais mañá,
nós só nós queremos ser!

Nobres, rexos, castiñeiros,
ben soubestes resistir,
continuade a aprendernos
teimosía no vivir!
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES