Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dieta atlántica

martes, 25 de noviembre de 2008
Adóitase considerar a chamada “dieta mediterránea” como ideal para unha vida sana, e algo así haberá que pensar en relación coa “Dieta Atlántica” que se observa seguimos boa parte dos galegos.

Xa é o segundo ano que a Universidade da Coruña, coa Fundación española de Nutrición e a Conselleríade Sanidade fan unha macroenquisa sobre os hábitos alimentarios dos galegos adultos, téndose observado neste último estudio que o 65% dos galegos estamos por riba do noso peso ideal, e ata un 23% padecemos de obesidade.

O problema parece que non está tanto na alimentación como no sedentarismo que nos invade, falta de exercizo físico que a duras penas se compensa con esa dieta “atlántica” na que figuran importantes porcentaxes de frutas, hortalizas e pescado.

Aínda así, o noso consumo medio diario está nas 2.474 calorías, inferior en 287 á media española, sendo as proteínas o elemento máis destacado e superior á media, inferiores as graxas, máis alto o consumo de hidrados de carbono, e máis tamén o de fibra.

Os especialistas conclúen que a alimentación, o exercizo físico e mellora de habitos entre os que está a renuncia ó tabaco e o alcohol poden e deben ser elementos que melloren a situación xeral dos galegos, e que incidan de xeito directo na duración da nosa vida, tendo en conta que tres de cada mortes en Galicia se deben a enfermidades do aparato circulatorio (36%), cancro (26%) ou problemas respiratorio (13%). Non sólo a dieta inflúe na prematura morte e esa preocupante obesidades, pero é un aspecto da maior importancia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES