Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembrando (II)

jueves, 17 de noviembre de 2022
Contar sen palabras: os libros sen texto, tamén para adultos

O Salón do Libro Infantil de Pontevedra é unha cita anual co bo facer arredor do libro infantil. Neste ano, 2022, cumpriu a súa vixésimo terceira edición. Nesta ocasión, unha exposición de Libros silentes, que provén da OEPLI (Organización Española del Libro Infantil y Juvenil), dou pé a abrir unha nova fiestra.

Trátase dunha colaboración do Salón con GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) que xa vén sendo habitual en campos coma o da convocatoria do Concurso para o Cartel (os primeiros anos, cando era aberto á participación internacional), así como a elaboración da bibliografía que lle vai servir ás persoas mediadoras para o traballo ao redor da temática de cada Salón (arte, no 2022, de aí o lema "Con moita arte"). Pero o bo das iniciativas culturais é que sexan quen de ir evolucionando, baseándose no de anos anteriores e ampliando o campo de acción, de maneira que apoiados no pasado miramos ao futuro. Pois ben, este ano, con motivo da exposición dos Libros silentes, preséntase unha mesa redonda, na que ademais do Salón e GALIX, se lle abre, por primeira vez, a porta á colaboración co Ateneo de Pontevedra (unha asociación cultural e cívica con presenza na cidade).

Unha actividade a tres, cun acto "Contar sen palabras: os libros sen texto, tamén para Lembrando (II) adultos" coa participación dos autores dos dous libros silenciosos máis premiados dentro do noso sistema literario. Carmen Hermo, autora de Man de Camelle, publicado por Kalandraka, e Jorge Campos, autor de Alter - Nativo publicado por Aira.

Man de Camelle recibiu o premio da Gala do Libro 2019, na categoría de Libro Ilustrado, tamén formou parte da selección da OEPLI. Carmen Hermo é profesora e artista; en palabras de Antón Castro "Ninguén como Carmen Hermo podería achegarse á figura de Man. Artista da natureza e extraordinaria debuxante e investigadora, dedicou moitas horas dos seus últimos anos a estudar o artista de orixe alemá, a clasificar a súa obra e a concibir a colección que hoxe exhibe o museo, inaugurado en 2005." De aí nace o libro Man de Camelle.

Jorge Campos, alias o Ilustratecto, é arquitecto, deseñador, ilustrador (Unha mestra en apuros con Pilar Serrano, O destino de Kameko con Abel Alves, Un día de festa en Allariz ou Atlas de Galicia Pequeniña con César Cerqueliños) e especialmente autor de BD como Capitán Lentella. Este, Alter - Nativo é o primeiro, foi publicado por Aira editorial, converténdose no primeiro libro de banda deseñada en recibir o Premio ao Mellor Cómic Galego do 2017 na Gala do Libro.

Atrevemento e acerto, definen esta obra moi pouco convencional, onde o debuxo e a secuenciación levan a carga narrativa cunha rechamante soltura, onde non pasamos as follas ao lelo, senón que as despregamos, xa que está encadernado artesanalmente coma se dun acordeón se tratase e que non só se le por un lado senón polos dous. Un fermoso artefacto que resulta asombroso como obxecto á vez que esconde moitas maxia no seu interior como se pode ver nas múltiples referencias ao mundo do náufrago (Pinocho, 20.000 leguas de viaxe submarina, O señor das moscas, Moby Dick ou a Odisea). Unha gran obra que non necesita das palabras.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES