Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deputacións provinciais

lunes, 24 de noviembre de 2008
Entre os políticos, as deputacións provinciais chegaron a estar mal vistas por estimar que o seu papel quedara caduco despois de que a organización política e administrativa xurdida na democracia se consolidase.

En tempos, as Deputacións provinciais viñan ser concello de concellos, entidade intermedia entre o goberno do Estado e os concellos, canalizadoras de axudas da Administración central, executoras de obras supramunicipais e prestadoras de servizos de interese para as máis pequenas circunscricións.

Mesmo a súa composición parecía perfectamente axeitada porque polas diversas agrupacións ou partidos se elixía democráticamente entre os concelleiros ou alcaldes cadanseu represante no organismo provincial.

Na Democracia, coa aparición dos organismos autonómicos, as deputacións correron perigo de desaparecer. Pero no caso de autonomías uniprovinciais ascenderon de nivel -Madrid ou La Rioja- e en Galicia chegaron a controlar políticamente á mesma entidade de goberno autonómica por controlar votos e aparato político a nivel provincial.

Se en tempos as catro deputacións galegas estaban na man do Partido Popular, hoxe son dúas do PP e outras dúas xa non están controladas polos populares, polo que se entendía que a filosofía sobre estas cámaras estaba cambiando e xa non eran tan prescindibles.

O Conselleiro da Presidencia –diante da petición de máis fondos por parte das deputacións de Ourense e Pontevedra- veu lembrar o tema hai días, recordando que as Deputacións están xa ó final da súa existencia sendo a súa función a de cooperar e non subvencionar.

Toque de atención, aviso a navegantes. Aínda que ninguén diría pola actividade que desplegan as corporacións provinciais que estean en fase final nin de languidez. Parecen ter a vida perfectamente asegurada e estar fortísimas no exercizo das súas funcións. Especialmente desde que non é un só partido o que as goberna. Ninguén parece afrontar o seu goberno e control nin con talante de liquidación nin moito menos de facelas esmorecer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania