Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'As zocas da espiritualidade en Begonte están'

martes, 15 de noviembre de 2022
(A esas zocas que representan a tradición cultural e espiritual da terra dos nosos ancestros e devanceiros, figuriñas do Belén de onte.)

Nun lugar do mundo, un sitio dosmoitosonde a necesidade e pobreza son as raíñas, vivía unhaneniñamoi cativa, ainda que estaba vestida con farrapos e 'As zocas da espiritualidade en Begonte están'camiñaba descalza, sempre, antes de deitarse, oraba pidindo que no orbe tod@stiverancubertas as súas necesidades vitais.
O seupai que non era crentedicia:
- "Nena, menos rezo e máistraballo, soamente este é o xeito para obter comida."
A pequerrecha carecía do colo e dos brazos agarimosos dunha nai onde refuxiarse porque a súa naiciña morreu de fame un día. Choraba coa tristura que supón ver co pai soamente desexaba ca súa infancia forade sacrificado traballo cando debería estar vivindo a máis abraiante fase da vida, a nenez. Un día, cando viña cuncántariño de auga que traía dun pozo que estaba moiafastado da aldea onde vivía, nunha retorta do camiño, atopou un vendedor ambulante que traía o seuburriño cargado de artigos para vender. Intercambiaron saúdos e o comerciante itinerante así falou:
- "Rapaciña, vexo que eres moiprobe materialmente pero, nastúas esperanzadoras verbas taménentendo que tes a maior das riquezas, os valores de cooperación e solidaridade por iso, desexaría que algún día se fagan realidade os teus sonos. ¿Di, cales son?"
A neniña ollando cara os ollos do viaxeiro contestou:
- "Señor, non teño cartos para mercarlle nada das cousas que leva e, ademáis eu desexaría iso que non hai moedas para poder adquirilo."
Volve a preguntar o mercader:
-"¿Qué queres?"
A pobriña rapaciña di:
- "Ainda que parece que ando descalza o peor é que, o meu pai que ten unhas vellas alpargatas está espido de relixiosidade. Gustaríame que este vindeiro Nadal, isa que chegará dentro dun mes, os Reis Magos trouxeran a nosa cabana a felicidade de que, o meu proxenitor atopara a fe. Pero vostede non é capaz de facer ese miragre ¿verdade?"
O vello viaxeiro responde:
-"Eu non son menciñeiro nin santón pero nacínnun lugar onde somos dunha madeira de grande humanidade erelixiosidade.Ves estas zoquiñaspequerrechas que levo nos seróns do burriño, elas son fundamentais para facer uncamiñomoi especial."
A nena contestou:
- "Sonmoi riquiñas, señor".
O vendedor prosiguiu falando:
- "Eu son galego, concretamente de Terra Chá, de Begonte nas terras luguesas..
Parando de falar colle as zoquiñas e di a pequena:
- "Non soamente daquela lámpada de Aladín saen cousas abraiantes. Estou seguro de que estas zoquiñas , ainda cos ollos humanos non poden percibilo, teñen cousas moi abraiantes. Cando chegue o primeiro fin de semana do mes de Decembro pidelle a elas dous desexos e na Noiteboa terás un e o día de Reis chegará o outro. Tendo as botas nas túas mans arroupadas preto do teu peito di:
"Señor, cas zocas de Begonte, que son as que cubren os pés do Belén de Begonte, sempre axuden a camiñar as persoas de ben. Neste Nadal pidovos..."
Cando as manciñas da cativa tomaron as botas a neniña chorou de fonda emoción. De pronto unha néboa moi densa cubriu todo o terreo durante uns intres e, cando volveu a despexar esa bruma, xa no atopou xunto dela aquel viaxeiro. Desapareceu do mesmo xeito misterioso que apareceu.
Despois de andar e andar chegou a su casiña co cantariño de auga e as zoquiñas.
O pai soamente dixo:
-" Tardaches bastante ¿ Había moita xente no pozo?”
A nena respondeu:
-"Non, pai, é que no camiño atopei un viaxeiro con quen falei e agasalloume con estas zoquiñas."
O proxenitor, encollendo con desprezo os ombreiros, exclamou:
-“Bah, paparruchadas, mira, como non che deu comida ou cartos. Para que queres unha cousa que non serve para utilizar. Hai que ser prácticos!. ”
A nena foise a un recuncho da casiña, pois soamente había unha dependencia, sentouse nunha vella cadeira e suspirou con fonda tristura.
Estivera onde estivera sempre tiña no seu peto aquelas botiñas, pero xa a ninguén falou delas. Pasaron os días e chegou o primeiro fin de semana de Decembro, entón, lembrando as verbas do descoñecido, colleu as zoquiñas e dixo con voz agarimosa:
-"Zoquiñas do Belén de Begonte, facede co meu pai sexa crente e que poidamos cunhas como estas percorrer o mundo e chegar ata ti, Belén de Begonte, para ver e vivir a túa luz de espiritualidade".
Dúas veces repitiu esta petición. Cando chegou Noiteboa para sopresa grata da muchacha viu coma o seupai, ao sentarse a mesa para comer o pouquiño que había nela, daba grazas a Deus e rezaba. Foi moi grande a ledicia da rapariga quen abrazouno berrando:
-"Primeiro agasallo das zocas de Begonte. Que ledicia!"
Cando chegou a noite de Reis o pai comentou:
- "Filla como somos tan pobriños, os Reis Magos pasarán cos seus camelos de largo, como pasou outros anos."
A filla contestou:
- "O meu pai, agora nesta casa ti tamén eres crente e pode que deixen algo.”
Aquela noite de sonos a pequena non conciliaba o seu porque pensaba se podería ir a Begonte. A mañá cediño, ao primeiro canto dos galos, abriu a porta e alí, xunto no umbral había unha grande e bonita sorpresa.
A cativa comezou a berrar:
-"O meu pai, o meupai, mira isto que deixaron os Reis Magos!"
Saíu o home e quedou abraiado pois, na porta da casa había dous pares de zocas, unhas do número que calzaba el e outra do da nena. Cada un colleu as súas e dentro atoparon as seguintes notas que leron en voz alta.
A dirixida ao adulto dicía deste xeito:
- "Para que estas zocas begontinas podan darche saude, traballo e felicidade tes que facer con elas o camiño para chegarao Belén Electrónico de Begonte, ese que leva cincuenta anos proxectando as luces celestiais nesta Galicia, se non é así, doutro xeito mancarán sempre os teus pés e, o peor, o teu corazón estará sumido namáis profunda tristura."
A que leu a neniña era ista:
- "Pequena, mira os teus pés, xa levas postos uns zapatos bonitos para facer o itinerario ata Begonte pero, unha vez que pises Terra Chá, debes calzar as outras pois soamente isas son para percorrer as 19 parroquias begontinas e logo chegar a esa praza dos "Irmans Domínguez Guizán" onde están as zocas da plena felicidade que abren as portas dese inesqucible e abraiante belén. E eiqui noutro papel tes o plano para guiarvos. Será todo como un sono, un abrir e pechar de ollos."
Cando remataron de ler as notiñas, pai e filla fundironse nunha aperta , tan emcionados estaban que pecharon as súas pálpebras e, pasados uns intres abriron os seus ollos para comprobar que sorprendentemente estaban ante un cartel indicador que dicia: "Begonte a 25 Kms." Non tiñan verbas para expresar a súa grata sorpresa. Calzou o proxenitor as zocas e comezaron a camiñar. Cando viron que ian pisar chan begontino fixo outro tanto a neniña. Percorreron as aldeas do concello e despois de ver en cada unha símbolos en madeira relacionados co Belén de Begonte chegaron a capitalidade e alí na praza dos "Irmáns Domínguez Guizán", ahí estaban unhas grandísimas botas e ao seu carón unha multitude de pelegríns que escoitaban as verbas de D. Xesús Domínguez Guizán e D. Xulio Xiz que así falaban:
- "Esta é obra de César Lorenzana Bargueiras, artista que traballa a madeira galega, unha réplica destas zocas están nas benditas máns da Súa Santidade, o Papa Francisco, por iso o Belén de Begonte é o sitio onde ninguén anda polos seus camiños descalzo de espiritualidade. O Camiño de Santiago ten neste concello as irrompibels botas que todos, tarde ou cedo, temos que calzar pois elas teñen a talla de tod@s pero para usalas soamente hai que ser persoa de valores humanos, a fe fará o resto."
Despois entraron a contemplar o Belén de Begonte e ao remate o seu museo. Ao saír acercouse a eles o señor alcalde , D. José Ulla, e preguntou:
- "¿Veñen de moi lonxe?"
O home respondeu:
- "Vimos de tan lonxe que xa no sabemos onde é o noso lugar de orixe, porque eu sen ser cego era un invidente total e, grazas a luz portentosa deste Belén de Begonte, recobrou o meu corazón o seu latexar solidario. Pensaba que tiñan soamente que darme bens a miña persoa, esquecinme de que tiña eu moito que dar."
A nena mirando ao rexidor e ao sacerdote que estaba ao seu lado dixo:
- "As zocas de Begonte percorren o orbe pero cando os que chegamos de terras lonxanas pisamos Terra Chá, entón sabemos a auténtica verdade."
Pasaron os anos e atopamos un día a aquela nena feita unha muller rezando no Belén de Begonte, por suposto que calzando unas zocas coa terra desta chaira apegada a elas, e dicindo na súa plegaría:
- "Belén querido, as túas botas milagrosas e aquela aparición, fixeron que hoxe sexa unha máis e, cando pretendimos marchar, delas saíu unha voz que dixo:
- "Quedarvos, xa o voso camiñar, despois de estar equi, non atoparía sitio ideal, pois en Begonte vivese sempre no Nadal. A pegada do Belén sempre nos corazóns permanecerá. As zocas da grandiosa espiritualidade soamente en Begonte están".
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES