Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do insulto ó menosprezo

lunes, 14 de noviembre de 2022
Galicia volve estar de moda. Por insultos, por desprezos, por ignorancia, por Do insulto ó menosprezodescoñecemento. Pablo Iglesias chámanos "galleguitos", o actor Paco León algo así de que somos cerrados e aquela famosa xuíza da Galicia profunda, pois xa que máis dicir. A ver, sempre fomos un pouco vilipendiados ou inxuriados. Ese famoso acento co que se burlan unha e outra vez (seino por experiencia da miña etapa madrileña) ou ese presunto atraso co que nos teñen catalogado.

Non obstante, tampouco racho moito as vestiduras por ese desprezo. Nós mesmos cometemos moitas veces ese pecado. Mellor dito, cometiamos. Non hai moitos anos que os das aldeas tiñan medo de ir ás súas propias capitais para que non se burlaran deles a causa de falar o galego. E os das capitais miraban por enriba do ombreiro dando a entender o menosprezo da suposta miseria dos das aldeas, ou sexa, do rural.

A nós dóenos que nos digan esas cousas (a min o primeiro), pero se se analiza o asunto de forma fría, non somos máis honrados que eses. Porque... que pensamos dos cataláns, por exemplo? Acaso non imitamos tamén o seu acento en plan de desprezo? E non digo xa nada na cuestión política. Que, tanto aquí como en Cataluña, sexa por política, por lingüística ou por ruralidade, o menosprezo é o mesmo. Sinceramente, se nos sentimos asoballados pola forma en que nos tratan ou polo que, algúns, opinan sobre nós, non quero pensar o que sentirán os cataláns. Porque o menosprezo ós cataláns, ese si creo que é duro, forte e máis que insultante.
Do insulto ó menosprezo
Agora, para aliviar un pouco o asunto, vexo moito máis menosprezo no adestrador español Luis Enrique que neses tres do principio. Temos hoxe en día ós tres ou catro máximos goleadores de España (Aspas, Borja Iglesias, Joselu e Brais Méndez) e ningún deles vai ó Mundial. Eu ben sei por que non leva a Aspas, como por que non leva a Sergio Ramos. A Iago Aspas porque sería darlle a razón á xente e a Sergio Ramos porque se convertería no líder do equipo, da selección. E iso sería estar por encima do seu propio ego, do ego do Luis Enrique. Defendereino sempre como adestrador, pero polo demais... Non quere que ninguén se lle suba ás barbas e para evitalo leva a nenos e veteranos que non son moi amigos de liderados.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES