Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Tenente Manuel Pena Vidal, Vilalbés heroe de Cuba (2)

jueves, 17 de noviembre de 2022
As accións do tenente Pena Vidal
É neste contexto no que hai que situar o servizo do tenente Manuel Pena Vidal e os acontecementos que sucederon en agosto de 1885. Ás ordes do tenente coronel Antero Rubín participa nas accións contra os sublevados Serafín Sánchez, Roloff Castillo e Zallas no potrero Limpio de Varas. Con data de primeiro de novembro de 1885 ascende a segundo tenente, pasa a axudante do coronel Antonio Martín González e continúa O Tenente Manuel Pena Vidal, Vilalbés heroe de Cuba (2)participando en operacións de campaña pola provincia de Santi Spiritus, como as que houbo contra a partida de Federico Toledo nas Lomas Manaquitas e Gimca Campana ou contra as partidas de Juan Agustín e Miguel Gomés nos Guayos. Tamén realiza servizos de protección da vía férrea de Tunas de Zaza a Santi Spiritus.

A primeiros de marzo de 1986, ás ordes do coronel Antonio Martínez, asistiu a combates en Santa Cruz, Pica Pica e Seralta onde destacou polo seu valoroso comportamento. A mediados dese mesmo mes foi destinado a Manzanillo, estratéxica vila costeira no surleste da illa e centro loxístico da zona. Poucos días despois intérnase ata Bueyicito e ás ordes do comandante Jesús Escudero participa nas accións de Arroyo Maja, Incaibama, Sabana Incaibamita, Río Buey e Puente del Repelón. No mes de agosto embarca co seu batallón para Río Canto, estratéxica vía fluvial pola que se enviaban subministros a través de vapores e canoneiras de pequeno calado. A vía fluvial estaba protexida por fortes pero o seu trazado de voltas e revoltas era constante escenario de asaltos e ataques a estas embarcacións.

Foi nese mesmo mes de agosto e 1896, o día 26, cando sucedeu un enfrontamento que deu lugar a demostrar se dúbidas o valor do segundo tenente Manuel Pena Vidal. Os acontecementos sucederon así.

O noso protagonista estaba protexendo un potrero nas inmediacións de Manzanillo. Ía de patrulla coa súa compañía duns 125 soldados ao mando do capitánRomán Gomila. A compañía viuse cercada por rebeldes moi superiores en número e que atacaban a cabalo. O capitán, vendo a situación moi desfavorecida para os seus, decidiu situarse en lugar elevado coa idea de disparar ao dirixente dos atacantes e descabezar o ataque. Pero o resultado foi o contrario, pois foi el mesmo quen caeu morto dun disparo. Daquela o primeiro tenente, a quen lle correspondía asumir o mando, entrou en pánico e,inmobilizado, foi incapaz de adoptar decisións. Daquela o segundo tenente, Manuel Pena Vidal, tomou o mando. Con firmeza mandou formar a tropa en cadrado, fixo que calasen as baionetas dos Remington e que se preparasen para o asalto da cabalería. Os inimigos atacaron sucesivamente. Eles defendéronse durante unha hora ata seren auxiliados pola 4ª compañía que saíu de La Glorieta ao mando do comandante León García Herreros. O rebeldes levantaron o campo e deixaron 24 cadáveres. Na compañía do tenente Pena resultaron 14 mortos e 30 feridos, un deles, de certa gravidade, el mesmo.

Recuperación da ferida e regreso
O Tenente Manuel Pena Vidal, Vilalbés heroe de Cuba (2)Lembraba o tenente Manuel Pena Vidal como foi trasladado ao hospital de Bayamo, onde estivo ata o 6 de novembro, aínda que precisou dous meses máis de recuperación ata incorporarse ao novo destino no rexemento Zamora. Polas súas accións en Santa Clara, Pica Pica e Peralta foille concedida a cruz ao Mérito Militar, pensionada, con distintivo vermello. E volvéuselle conceder unha segunda cruz ao Mérito Militar pola súa valentía na acción da Glorieta-Manzanillo ademais do ascendo a primeiro tenente por méritos de guerra e capacidade de mando demostrada.

Logo chegarían outros destinos e a finalmente o regreso. Polo seu bo facer e dotes de organización foi destinado a habilitado do batallón, encargado de organizar os subministracións e distribución de impedimenta. Embarcou para A Coruña o día 11 de xaneiro de 1899. Desembarcou para gardar corentena en Oza. Os xornais da época foron críticos coas condicións nas que regresaban os soldados que defenderon o que os políticos non souberon gobernar.

Manuel Pena Vidal foi destinado como habilitado da Comisión Liquidadora do 1º batallón do rexemento Zamora nº 8. Neste posto actuaría nos anos seguintes na cidade Herculina. Foille concedida a medalla da Constancia do Instituto de Voluntarios.

Pero aquel día era do 16 de xuño do ano 1900 era festa. A toda Vilalba celebraba o regreso dun heroe de Cuba, Manuel Pena Vidal, e os seus esponsais con Mª Paz Olano Carreira, de familia vilalbesa.
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES