Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Tenente Manuel Pena Vidal, Vilalbés heroe de Cuba (1)

lunes, 14 de noviembre de 2022
Aquel 16 de xuño do ano 1900, o tenente de Infantería Manuel Pena Vidal casaba coa vilalbesa Mª Paz Olano Carreira. Na praza Maior, mentres agardaba diante da parroquial O Tenente Manuel Pena Vidal, Vilalbés heroe de Cuba (1)inaugurada tres anos atrás, recordaba os avatares e acontecementos que o levaron á vida militar e a ascender a oficial.

Nacera en Tardade, fillo dunha xornaleira, había trinta e seis anos. Despois de entrar en quintas con 19 anos, en Lugo, e destinado ao batallón de cazadores Reus nº 16, axiña acadou os galóns de cabo 2º e cabo 1º. Logo pasou por unidades de reserva en Vilalba e Mondoñedo xa co rango de sarxento. Pero o destino que lle daría gloria e marcaría gran parte da súa vida militar acontecera en Cuba.

A situación en Cuba
Pouco antes de se facer soldado, en 1880, en Cuba dérase por acabada a chamada Guerra Chiquita coa derrota dos sublevados, pero as relacións entre a illa e a metrópole era de calma tensa. Os sucesivos gobernantes que se alternaban no poder político non se poñían de acordo para solucionar a gobernabilidade das colonias aínda integradas en España. Distintas concesións de autogoberno que se adecuasen á realidade de Cuba e Filipinas ou chegaron tarde ou non se aplicaron como inicialmente estaban previstas. Intereses de todo tipo, sobre todo de oligarquías económicas, interferían nas decisións políticas. Por outro lado a brevidade dos mandatos dos gabinetes de ministros que se sucedían no poder, froito da división de grupos parlamentarios no Congreso e no Senado, tampouco favoreceu que se adoptasen políticas coherentes que puxesen remedio ás demandas das oligarquías e burguesías coloniais.

Foi así como se iniciou a que algúns chaman a Guerra de Independencia Cubana o 24 en febreiro de 1995. A primeira consecuencia na metrópole foi a da caída do goberno O Tenente Manuel Pena Vidal, Vilalbés heroe de Cuba (1)liberal de Sagasta e a súa substitución polo conservador de Cánovas del Castillo. Inmediata foi a decisión do envío a Cuba de continxentes de soldados que acabarían formando tres corpos de exército pasando duns 15.000 a máis de 200.000 os militares presentes na illa. As unidades organizábanse en batallóns que en tempo de paz integraban uns 650 soldados, pero que en épocas de accións chegaban ter 1.100. Cada batallón tiñas seis compañías de fusileiros, unha de grandeiros e outra de cazadores.

En xuño dese ano de 1895, ditada a corresponde orde de mobilización, o daquela sarxento Pena Vidal incorpórase na Coruña ao Primeiro Batallón Expedicionario do rexemento de Infantería Zamora nº 8 e o 20 de xuño xa embarca no vapor Reina María Cristina con destino á Habana. Alí chega o 3 de xullo e dous días despois, sen máis aclimatación, marcha de expedición á provincia de Santa Clara, na conflitiva zona central da illa. A finais de mes xa participa en accións bélicas no potrero de Aguadita, en Loma de las Nueces e en El Arroz.

Dado que os sublevados estaban organizados en unidades heteroxéneas que atacaban e desaparecían, o exército en Cuba organizouse en trochas, que viñan sendo liñas trazadas de norte a sur da illa e que estaban formadas por fortes chamados blackaus, separados por un km, que se comunicaban visualmente entre si e que requiríanmoita tropa e loxística. Coas trochas tentábase cortar as subministracións de víveres e municións dos mambís.

Recordaría Manuel Pena que un dos principais problemas era o porte de alimentos, municións e demais impedimenta necesaria para soster o exército mobilizado. As subministracións para os principais centros de aprovisionamento movíanse en grandes convois organizados do seguinte xeito. Na vangarda, a cabalo, ían unhas parellas de exploradores. Por tras entre unha e tres compañías de infantería. Tras delas, o xefe da columna, un coronel ou tenente coronel, e a plana maior. Despois ía a artillería, se a había, e parte da cabalería. Logo xa viñan as grandes carretas tiradas por dúas ou tres parellas de bois e as mulas. A columna pechábase con máis infantería, entre unha e tres compañías, e o resto da cabalería. Polos flancos, fóra de formación, patrullas a pé e a cabalo. En total podían formar a columna mil homes e cen carretas que ocuparía máis de 2 km de camiños, lamaguentos entre xuño de outubro por ser época de choivas, e cheos foula se non chovía. O avance das columnas era lenta, ían ao paso dos bois. E máis lentos andaban se tiñan que cruzar ciénagas. As xornadas empezaban antes de raiar o sol e debían parar pola forza da calor do mediodía. Tamén había que contar con alimentar soldados e animais. A calor, a humidade, a lama e os mosquitos facían que estas marchas fosen un auténtico calvario.

As columnas de subministracións a pequenas unidades e fortíns non eran tan grandes e procurábase levar a carga en mulas para facer máis lixeiro o camiño. Os rebeldes cubanos, bos coñecedores do territorio, facían asaltos nos lugares máis propicios, coma os vaos dos ríos e lameiras. Estas columnas eran obxectivo prioritario, pois non só impedían subministracións aos soldados españois, senón que pretendían capturalas para eles mesmos.

Outro servizo que debían prestar os soldados era o de protexer a alimentacióndas bestas cando as levaban aos chamados potreros que eran os campos destinados a que os animais pacesen. Requiríanse os servizos de toda unha compañía e eran obxectivo doado dos rebeldes.
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES