Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hai 20 anos, con 20 anos

miércoles, 16 de noviembre de 2022
Hai 20 anos, con 20 anos, estábamos en 2º de educación social. Viñamos dun curso movido por mor da Lei Orgánica de Universidades (LOU). Este segundo ano semellaba tranquilo pero chegou o 13 de Novembro e o curso encallou nunha nova loita: o Prestige.

A partir de aquí nacen as máis belas formas de solidariedade. Días de organizarse, ir e vir de asembleas e xente querida collendo un bus para axudar nas praias. A partir de aquí unha explosión de creatividade. Cada persoa dando o mellor de si mesma e o altruísmo envolveunos nunha bandeira de loito solidario.

Houbo mentiras e houbo xenialidade para contestalas. Unha pancarta dixo que: "non queremos medio ambiente. Querémolo enteiro". Un arao cravado na cruz e a foto dun mariñeiro anegado de chapapote dá a volta ao mundo. A indignación, con forza de solidariedade, moveu xente a moreas e apareceu a nosa mellor versión.

Para sempre ficou o Nunca Máis: forza solidaria que aínda me abraia. Nela un pobo uniuse na adversidade. Unha lembranza de estar "na unión de todos os bos" que proclamara Curros e un desexo por materializar: non perder Nunca Máis aquela capacidade de indignación solidaria e altruísta.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania