Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 11 de noviembre de 2022
Cursos para emigrantes

Por desgraza todos sabemos o que foi a emigración en Galicia, o que é e o que aínda será. Porque seguiremos con ela ó lombo. Mentres neste noso país haxa subvencións e haxa unha forte emigración... malo! Non hai peor miseria que esas dúas opcións.
Pingas de Orballo A principios dos anos 60, a emigración galega estaba en auxe. Os países que nos acollían sabíano. E para os intereses deles e as facilidades nosas, optaban por realizar cursos de preparación. Así, a prensa informaba que o 27 de xaneiro de 1964 se desenvolverían dous novos cursos de formación para emigrantes na nosa provincia. E os dous serían no concello de Baños de Molgas; un na propia vila e o outro en Os Milagres.
O curso de Baños de Molgas impartíanllo empresas alemás a un cento de veciños. E o mesmo número de alumnos alcanzaría o de Os Milagres, que se desenvolvería no hostal que hai á dereita da explanada, o ex Cacheiro. Este era a primeira vez que se celebraba nese lugar e impartíano diversas empresas francesas.
Dentro da desgraza era unha boa acción. Non é o mesmo largarse a países estranxeiros sen saber desenvolverse neles que cunha certa preparación, principalmente na que corresponde ó idioma. Xa chegaba ben con aqueles ilegais (si, a maioría da emigración foi legal) que se lanzaban a peito aberto. Digo ilegais para que se saiba que houbo moitos, e que non só entran en España os ilegais de agora, ós que criticamos ata máis non poder.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES