Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Véndese unha autopista

viernes, 21 de noviembre de 2008
A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á nosa terra” en tempo ben lonxano que case ninguén recorda, foi unha avanzada das comunicacións en Galicia e segue a ser -en mans privadas- un decisivo elemento de progreso para o país, imprescindible para vincular entre as tres primeiras cidades de Galicia.

Cando se circula pola AP-9, vía de pago e cun custo notable, pódese pensar que se trata dunha vía pública como calquera outra, e non é así senón unha vía privada, alomenos mentras dure a concesión efectuada no seu momento polos organismos competentes.

Sábese que a autopista pertence a unha sociedade chamada Audasa, que algunha vez respondeu ó nome de Autopistas do Atlántico. Esta empresa, á súa vez pertence á empresa Itínere, sendo esta última a división de infraestructuras da empresa Sacyr.

Resulta que Sacyr quere vender a empresa Itínere á entidade Citygroup por un importe de 2.500 millóns de euros máis a débeda da empresa que se cifra en 5.000 millóns de euros.

O tema segue a ser negociado, que sempre é complexo a venda dunha gran empresa, especialmente cando esta ten numerosos clientes que nunca descansan e os usuarios utilizan as instalacións en calquera momento do día ou da noite, co resultado dun río de diñeiro que entra cada segundo na empresa.

Neste tempo de mercados abertos, todo se compra e se vende. Ata unha autopista. Claro que o mercado é moi reducido e aí os galegos, individual ou colectivamente, parece que teñamos pouco que facer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania