Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡As contas, claras!

viernes, 21 de noviembre de 2008
Algo ao que aspiran as persoas humanas e ao que temos dereito e obriga de facer. E de recibir dos demais. Mesmo esixilo a todos en todos os campos e situacións da vida propia e allea. As contas (e todas as cousas) deben ser/estar claras con nosoutros mesmos, cos da familia, cos veciños do barrio/aldea, coa comunidade parroquial e coas de veciños, coas asociacións, co Concello/Xunta/Estado. Tamén coa Igrexa, aqueles que nos consideramos (e somos) membros vivos e activos desa Comunidade de crentes. ¡É imprescindible claridade e transparencia!

Todo isto ven a conto porque o pasado domingo celebramos nas dioceses de España (tamén Galiza e Lugo) o Día da Igrexa Diocesana. Todos os bispos enviaron un estrato de gastos e ingresos de todas e de cada unha das dioceses do País, acompañada dunha carta e un saúdo nos que se nos fai unha chamada “a vivir o compromiso de crentes, unidos á comunidade cristiá, subliñando que a diocese é unha porción do Pobo de Deus, presidida polo Bispo” (A enviada aos diocesanos de Lugo, asinada polo bispo D. Alfonso Carrasco Rouco).

A xornada anual deste ano, por ser o primeiro (“no que o sostemento económico da Igrexa en España depende exclusivamente dos católicos” segundo o acordo Estado Español/Santa Sede) trae algunhas necesarias e esperanzadoras novidades, emanadas do Concilio Vaticano II que aínda non tiñan vixencia en España.Trátase de pasar do vello e inexplicable silencio/mutismo (con cheiro a ocultismo) a unha firme e seria decisión de clarexar en qué, onde e cómo se empregan os cartos, esmolas e os diversos donativos que se xeran, tanto a escala individual como colectiva, na propia Comunidade chamada Igrexa.

Benvidas a liberdade relixiosa e a independencia dos poderes temporais e todas as achegas que nos axudan a mantérmonos libres e liberados de toda crase de submisión ao poder e ó diñeiro (negocios) que nada teñen que ver co Evanxeo de Xesús. (“Dade ao César é o que è do César e a Deus o que é de Deus”). Temos de ser e estar libres de ataduras e enredos para anunciar, con valentía e liberdade, os valores do Reino, ao xeito de Xesús.

Tres accións a favor da Sociedade, realizadas polas Igrexas diocesanas directamente ou a través das parroquias. (En España .hai 23.000 parroquias, en Galiza 3.800 e en Lugo, 1.300) Ademais dos templos (como lugares de culto) a Igrexa é, sobre todo, unha comunidade de crentes que acolle a todos e a todas nas súas diversas actividades e servizos. En asistencia social, con 4.500 os centros e actividades sociais realizadas a través de Cáritas diocesanas e parroquiais Tamén está encargada de coidar o valioso patrimonio cultual/cultural e artístico nas súas catedrais, igrexas, capelas, museos....que están deben estar a disposición de todos/as.

Volveremos sobre o tema. Por hoxe, aínda que lles custe algo polo exceso e a aspereza e frialdade de cifras, abonda con que lle boten unha ollada ás contas que presenta a diocese de Lugo a os seus diocesanos/as cristiáns/ás. Espero sexan e as atopen... suficientemente claras!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania