Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 09 de noviembre de 2022
Media Hora

Dáme media hora, díxome o que me atendeu. Eu doulle media hora e o tempo que faga falta. En media hora pódense facer moitas cousas. Espero, confío e desexo que me faga o que me ten que facer. Se non, non me diría nada; digo eu.
En principio teño que esperar. Espero. Mentres espero podo facer o demo. O demo de cousas, digo. Non me refiro ó diaño. Ese, segundo a palabra do Altísimo, xa hai que Pingas de Orballo está feito. Desde que o mundo é mundo. Máis ou menos.
Espero tomando un café e deixando caer sobre un papel en branco catro parvadas ou trapalladas para matar o tempo (se é que o tempo se mata). Din que as esperas desesperan. A min, nestes momentos, non. Noutros si que me consomen. Pero agora mesmo, como me afixen á idea de que teño que esperar, pois non me importa. Media hora. Media hora tan só. O de tan só é un dicir. Sabemos que ese tempo ou calquera tempo pode ser un suspiro ou unha eternidade.
Espero mirando para a televisión, e para unha nena que xoga, e para unha pomba que voa, e para a mesma nena que marcha, e para o coche que pasa. Espero escoitando música e sentado nun tallo porque o café xa hai uns bos minutos que o liquidei. Mellor que o sorbín, que o traguei. Media hora dá para baduar sobre calquera ou varias trangalladas. Claro que as estupideces tamén sempre foron necesarias.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES