Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un alegato pola diversidade e a liberdade

miércoles, 09 de noviembre de 2022
A semana pasada fun ver "La jaula de las locas". Unha obra de Àngel Llàcer cunha gran escenografía e un elenco amplo. O cerne da historia é a confluencia, ou non, entre unha familia tradicional e outra moi diversa sexualmente falando. Pódese dicir que é o choque que dalgunha maneira vemos todos os días nos informativos e nos desinformativos (tamén chamados tertulias ou faladoiros).

O caso é que a comedia dá moito que pensar porque cando as risas se apagan, un empeza a cavilar en se o choque pode reverterse nun encontro e en se esta sociedade é madura para convivir. Cheguei onde chego sempre: creo que esta sociedade é máis madura que aqueles políticos e personaxes públicos que arman día a día a vida que vemos polos telexornais. Agora ben, elixímolos nós, polo tanto se cadra a madurez é directamente proporcional.

En todo caso a obra de Llàcer ten moito de soño. O soño serve para marcar un camiño que pode ser. Non debemos metelo no caixón da utopía, senón nos nosos proxectos a curto, medio ou longo prazo que poden ser certos. Neste sentido, o autor proxecta un mundo mellor, cheo de cores, respecto e diversidade. Con isto compón un convite a xeito de reto: achegarse ao descoñecido cos ollos limpos de prexuízo. Parece que na Coruña este reto está sendo aceptado por moitas persoas, polo tanto a semente de Llàcer e "La Jaula de las locas" está botada e ben botada. Por certo, dita semente está chea de respecto tamén á diversidade cultural con mencións á cultura popular galega (é de supoñer que noutros lugares a obra tamén se adapta á realidade concreta).

Agora que se espalle o exemplo e que faga pensar ao público en como facer realidade un soño que Llàcer colectiviza e que pertence a todos: o soño dunha sociedade na que cada quen sexa o que queira sen medo a ver vulnerados os seus dereitos ou (como está pasando) pór en perigo a propia integridade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania