Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Axudas para superar a crise

jueves, 20 de noviembre de 2008
Todos agardan axudas, porque todos as necesitan.

Nesta crise que costou traballo recoñecer, que agora vive unha etapa de cremento negativo, que ten calado moi fondo nos nosos ánimos, e na que estamos a agardar por decisións superiores que milagrosamente solucionen o problema, cada día que pasa é unha nova etapa nun camiño que intuímos cada vez máis duro e difícil.

Os gobernos apoian de xeito decisivo ós actores económicos, as entidades que operan en cada país para evitar feblezas e conseguintes caídas que resultarían catastróficas. E aínda que o tema sexa de difícil entendemento polo gran público, por coidar que cada quen debe afrontar as súas responsabilidades, o primeiro é que o sistema económico siga a funcionar porque é o corazón vital do país.

Visto o apoio ás entidades económicas, cada sector ármase de razóns para pedir tamén axuda. E o sector do automóbil en xeral e o galego en particular, agardan axuda para salir do difícil panorama actual. A escala europea solicítanse corenta mil millóns de euros.

Pero a comisaria europea da Competencia ven de afirmar que o sector do automóvil non pode recibir axudas como as que o sector financieiro recibe, xa que resultarían ilegais.

As axudas non poden entregarse sector por sector, xa que resultaría unha sucesión de parches inacabable e inservible. As axudas só poden concederse para dar axilidade ó sistema, fomentar o consumo e restablecer a tranquilidade.

Porque visto está que as mesmas axudas ó sistema bancario non son abondo, xa que a bolsa sigue en caída continuada, a confianza non se da restablecido, e os mesmos bancos non acusan recibo do que o goberno pretende.

Superar a crise evidénciase máis difícil cada día que pasa. Non dependerá de axudas. O problema é moito máis profundo, queirámolo ver ou non.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES