Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (31)

viernes, 04 de noviembre de 2022
As profesións valuras: Médicos e menciñeiros

Os médicos valuros e tamén os meigos e menciñeiros, coñecedores das virtudes terapéuticas das plantas, debían ter nas súas casas uns moi amplos herbarios para cumprir coas exixencias dos enfermos e para tratar de acalar as dores e os males que se lles presentaban, como remediadores que eran das enfermidades.

Estas herbas, terían demostrado, despois do seu emprego ao longo dos séculos, a curación que o campo da experiencia, que supón o estadio anterior ao método científico, ía transmitindo entre os Valuros de pai a fillo e de xeración en xeración a través dos séculos.
A misteriosa e incógnita Valura (31)
Utilizarían apócemas, emplastos, cataplasmas, fomentos, beberaxes e pocións... que irían xunguidos a todo tipo de oracións e ritos.

A gama de especies vexetais empregadas por médicos e curandeiros tiña que ser moi ampla e serían tamén coñecidas polo seu nome popular, entre outras: "herba da Nosa Señora, herba de Santiago, herba da envexa, herba das almorrás, herba da Cruz, herba do gando, herba do demo, herba gaiteira, herba luísa, herba das paredes, herba dos peitos"... e moitas máis estarían dentro dese herbario de médicos e menciñeiros, mais tamén as árbores e arbustos como o loureiro, a oliveira, o carballo ou o sabugueiro...

Realmente, os médicos non serían regrados pola ciencia senón que o seu estado estaría determinado por persoas que por herdanda recibían unha información que logo estarían obrigados a transmitir. Á parte das plantas, tamén empregarían os animais os médicos e curandeiros valuros pero sobre todo os menciñeiros recomendaríanos para algunhas clases de dor, concretamente os caldos, así o "caldo de rato" para a tose ferina e a tiña, o "caldo de cobra" para a escarlatina. A graxa de réptil empregada en fregas para a reuma. As limachas abertas en canal, poñíanse enriba das verrugas ou as teas de araña que nos poñía a "abueliña" aos meus primos e a min na Ponte de Outeiro cando nos cortabamos, o mesmo que o chantén, servían para cortar as hemorraxias instantaneamente, do que dou fe e máis da súa bondade. Os excrementos de galiña valían para soldar os ósos ou a cinza para lavar a cabeza... serían fórmulas que se acercaban bastante aos remedios científicos ou pseudocientíficos empregados polos Valuros.

Salve Valuria!

NOTAS:
FREIRE, Pilar.- Menciñeiros, saludadores e compoñedores. Los sanadores en la medicina popular de Galicia. Las Gentes. Tomo 1. Gran Biblioteca Temática de Galicia. Radiovoz, Edita Ea, Coruña 2006. Outros
LIS QUIBEN, Victor.- La medicina popular en Galicia.
CABALEIRO GOÁS, Manuel.- La psiquiatría en la medicina popular gallega.
RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús.- Supersticiones y preocupaciones vulgares.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo.- Endemoniados en Galicia hoy.
BECOÑA IGLESIAS, Elisardo.- Medicina popular.
VÁZQUEZ GALLEGO, Jesús.- Tradiciones, mitos y creencias. Curanderismo en medicina popular de Galicia.
RISCO, Vicente e CUNQUEIRO, Álvaro.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES