Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Abandono no rural

miércoles, 19 de noviembre de 2008
As correntes migratorias dos anos sesenta e setenta, de xeito especial, reduciron drasticamente a poboación do rural galego, minorándose na mesma medida o cultivo tradicional quedando sen uso numerosas fincas antes traballadas de xeito intensivo.

Antes e despois do período mencionado existíu esta mesma corrente, quizais en menor medida, e aínda hoxe continúa a concentración de habitantes nas zonas urbanas en detrimento do rural que, por esta ou outras causas, ve aumentar a superficie non cultivada.

A Consellería de Medio Rural tomou boa nota do problema e emprende acción de rescate de 41 grandes fincas galegas de trinta e catro propietarios, que teñen un prazo de tres meses para efectuar a limpeza das súas fincas ou cedelas para ser cultivadas sendo unha das opcións o aluguer ó Banco de Terras – Bantegal- que a Xunta de Galicia promove.

É unha primeira medida que coidamos de interese e necesidade para evitar que o rural galego dexenere nun abandono progresivo por parte de propietarios que non poden ou non queren atender propiedades que podían ser rendibles para quen as explote e para a Comunidade.

O abandono do rural ten algún elemento favorable como é o de racionalizar a estructura social e económica dos que se dedican a este sector primario, pero rexistra individualmente problemas singulares que a sociedade debe correxir. A acción que impida que terreos productivos se transformen en selvas improductivas é unha primeira medida que sen dúbida calará fondo nun mundo rural envellecido, abandonado e que precisa dun plan coordinado de revitalización. Por algo se empeza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania