Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Decididos a seguir

jueves, 03 de noviembre de 2022
Estamos comezando o mes de novembro e todos recordamos dun xeito moi especial ós que nos precederon.

Se botamos unha ollada á vida dos nosos ancestros constatamos que tiveron unha vida chea de atrancos; pero enriquecedora; porque loitaron sen desfalecer e SEN PERDER OS VALORES, ata o derradeiro día.
Conseguiron saír adiante e deixáronnos unha vida mellor que a que lles tocou vivir a eles.

POIS ESTO MESMO É O QUE NOS TOCA FACER A NÓS.
Cada xeración ten a súa misión, independientemente dos obstáculos que se presenten.

Na actualidade, obstáculos a superar non nos faltan; pero gañas de superalos tampouco.
Temos a suficiente carraxe e valentía como para deixar un bo legado ós que nos sucedan.

Para esto contamos con ferramentas que debemos empregar a fondo tales como:
- O progreso económico.
- Os avances da ciencia.
- As novas tecnoloxías.
- O que vaia saíndo...

No tempo que levamos vivido as persoas que chegamos á etapa senil:

- Comemos alimentos cociñados na lareira, na cociña económica ou bilbaína, nas cociñas de butano ou propano e agora xa cociñamos en cociñas de inducción ou no microondas.
Máis cómodas e rápidas son esta últimas; pero as de leña tiñan o seu encanto: REUNÍAN A FAMILIA ARREDOR DO LUME, SERVÍAN DE CALEFACCIÓN E AS CRIATURIÑAS APRENDÍAN OS PRINCIPIOS BÁSICOS NO REGAZO DOS MAIORES NA PARRUGUEIRA.

- Lavamos a ropa á man en regatos, en lavadoiros públicos ou privados e agora fan ese labor as lavadoras eléctricas.
A roupa branca poñíase a clareo sobre a herba tenra.
Para secar utilizábanse as silveiras e se había un seto de perfumado buxo: fenomenal.

- Aprendemos a escribir en pizaras con pizarrillo, en cadernos con lapis, con pluma mollada na tinta de tinteiro, despois con bolígrafos e agora en ordenadores e tablets.
A pizarra era un gran invento porque se borraba o volvíase a usar ata que un bo día caía ó chan e rompía.
No tinteiro, mollábase a pluma e cando se remataba, secábase no cabelo...

- Viaxamos a pé por corredoiras e estradas de terra e cheas de lama.
Íamos no coche de San Fernando, un pouco a pé e outro pouco andando: ás feiras, ós mercados, ás romarías, ás festas das parroquias de arredor, á vila máis proxima...
Tempos aqueles!!!
Agora hai case tantos medios de locomoción como persoas.
E TAMÉN MOITA MÁIS CONTAMINACIÓN

- Pasamos de vivir casi exclusivamente da agricultura, da gandeiría e da pesca a vivir principalmente da industria, da tecnoloxía, dos servizos, de...
COMER COMÍAMOS MÁIS NATURAL ANTES QUE AGORA; pero agora por non baixar o lombo...

- No tocante á medicina, os avances tamén foron moitos e repercutiron na calidade de vida, tamén.

Todo esto levounos a unha lonxevidade moita máis prolongada.
Tanto que SE ESTÁ INVERTINDO A PIRÁMIDE POBOACIONAL...
¡¡¡Ó tanto cos países desenrolados!!!

Con todo, somos moitas as persoas dispostas a seguir.
E para seguir precísase xente nova, precísase relevo xeracional, sangue novo.
Aínda quedan familias numerosas nos países como o noso; pero cada vez faise máis necesaria a man de obra extranxeira.

¡¡¡COS DA CASA OU COS DE FÓRA TEMOS QUE SEGUIR!!!
A poboación mundial estivo sempre en movemento; e nestes momentos tamén.
Grazas a ese movemento poboacional, o noso país é rico en culturas.
O QUE NON PODE NIN DEBE PERDER NINGÚN POBO É A SÚA PROPIA CULTURA, A SÚA PROPIA LINGUA, A SÚA PROPIA IDENTIDADE, AS SÚAS RAÍCES.

"AS RAÍCES SON SAGRADAS".

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por ser unha desas persoas dispostas a seguir.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES