Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 02 de noviembre de 2022
O Chifre de Sabugueiro

El sentou moi cerca do balcón dela. Deixou que o tempo pasase devagariño. Porque as présas non conseguen pasar ou adiantar case nunca ás esperanzas. Contemplou o ir e vir da xente, dos coches e mesmo do aire que, de cando en vez, fungaba e facía remuíños. Nun momento dado, el sacou un chifre de sabugueiro que levaba sempre consigo, de cando o tempo xa se perdía na memoria. Asubiou. Asubiou por ela, se entende. O asubío rachou o ruído dos vehículos que pasaban e do vento que fungaba.
Pingas de Orballo Ela non asomou. El, de cando en cando, seguía a asubiar por ela. Tras cada asubío o silencio sentaba á súa beira e, este, de esguello vía a señardade brillando nos ollos del. El xogaba co subiote. Ela non asomaba. As nubes negras pasaban. O aire fungaba. A calma xa non era tan mansa.
El cambiou de sitio e de postura. Achegouse máis ó balcón. De pé volveu meter o chifre de sabugueiro na boca. Asubiou. Viu movemento nunhas cortinas. Volveu chifrar con máis forza. En cada asubío, o silencio. En cada silencio, o desespero. El empezou a pensar que todo era unha quimera, unha ilusión, que tal espera podía dar paso a unha misa de réquiem. El díxose que asubiaría por última vez. Asubiou e meteu o chifre no peto do pantalón.
Ela asomou. Sorrindo. As nubes pasaron e o ceo quedou azul. Os latexos del alzáronse sobre o ruído. O ceo seguía de cor azul. El colleu o chifre de sabugueiro e lanzou as notas do son do silencio, de Simon & Garfunkel. Ela sorriu. El sorriu e marchou detrás do aire que fungaba.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES