Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deberían ser coma búnkeres

lunes, 31 de octubre de 2022
Uns rapaces comentan que o muro que se derrubou o outro día no instituto Julio Prieto Nespereira e que matou a un neno tiña certas deficiencias. Os bombeiros sinalan o contrario e que algo o derrubou desde o lado das duchas. É igual; aínda que todos os Deberían ser coma búnkeresalumnos do Sexto Instituto empurraran nese muro, este nunca debería virse abaixo. Nunca. E se se derrubou -como así o fixo-, é porque aí si había deficiencias. Nun recinto deses no que existen tantas vidas en xogo, nunca na vida se deberían dar eses accidentes. Por certo, a este non o considero accidente. Aí houbo neglixencia. Polo que acabo de dicir: porque ese muro tivo un fallo moi grande, con empurrón e sen empurrón; simplemente que se veu abaixo e matou a un neno. E nun colexio non pode pasar iso.

É máis, todos aqueles recintos ou lugares nos que hai moita concentración de xente, chámense colexios, chámense pavillóns, chámense hospitais ou auditorios ou cines ou teatros deberían ser auténticos búnkeres. Porque se pasa algo, a catástrofe pode ser demasiado numerosa. Pois semella que é todo ó revés. Fixádevos nun temporal, por exemplo; cales son os máis castigados? Os colexios e polideportivos. Ou sexa, onde hai moita concentración de xente, principalmente nenos. O motivo? Que esas obras fanse como se fan. Quen as manda facer? A Xunta.

A Xunta é a máxima responsable do acaecido (négome a chamarlle accidente) no Sexto. Porque os colexios dependen da Xunta. Porque as instalacións deses recintos, repito, coma búnkeres. Pero non; un simple muro (de ladrillo) que, se de verdade se veu abaixo porque alguén o empurrou, pois vaia muro do carallo!

Case podo asegurar que non tardarán días en botarse as culpas uns ós outros; que se o colexio arre, que se a Xunta xo, que se os nenos son uns cafres, que se o construtor lle escapou ós materiais, que poida que si, pero seguiría sendo culpa da Xunta por non andar con cen ollos. E mentres se lavan as mans uns e outros, a seguir rezando para que unha aula non se afunda ou para que a bancada dalgún pavillón non se veña abaixo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES