Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 01 de noviembre de 2022
Perigo nas feiras

Antigamente moitas veces ir ás feiras tiña o seu perigo, a súa aventura, o seu aquel. No meu caso era ir á feira de Maceda, que distaba cinco quilómetros de Baños de Molgas. Polo camiño, ou ben se escapaba unha vaca ou becerro, ou ben eran algúns porquiños que se separaban da manda e cada un tiraba por onde lle daba a gana, por cada camiño ou carreiro que houbese pola Follateira.
Pingas de Orballo Tamén había cousas peores, moito peores. Como o que lle aconteceu na feira do 4 de decembro de 1962 a Antonio Carnero Blanco, de 39 anos e veciño de Meamán, Baños de Molgas, que se lle achegaron catro homes de raza xitana coa intención de cambiarlle unha burra por outra. Non aceptando Antonio o trato, os xitanos aproveitaron un despiste deste e marcaron o animal coma se o compraran. Naqueles tempos, marcar un animal ou chocar as mans era lei de Deus; era o mellor notario que existía.
Antonio Carnero non se engurrou, non se achandou e pasou o que tiña que pasar: que das palabras pasaron ós empurróns, é dicir, loita nun nadiña. Ó final resultou que a vítima acabou con feridas leves, pero non así José Ramón Carnero Blanco, de 26 anos e irmán de Antonio, que tamén se metera na refrega (lóxico, era seu irmán), e ó que lle deron cun cantazo na cabeza que lle causou unha boa ferida, algo así como uns cinco centímetros de longo, segundo contan as crónicas. Cando chegou a garda civil os xitanos xa lle deran sebo ós pés, xa marcharan coma o peido do cu.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES