Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pisos a precio de custo

martes, 18 de noviembre de 2008
O problema da vivenda baséase en que ata agora non foi tal senón un filón de riqueza inmediata para unha multitude que participou nun reparto que se sabía finito.

Promotores, constructores, investidores, especuladores, incautos, espabilados, financieiros, unidos a entidades de banca e aforro, produciron esa burbulla de inflación que trae consigo miles e miles de pisos sen ocupar, en mans de persoas que coidaron facer o agosto durante todo o ano, e que de repente descubren que a ilusión pode racharse e a realidade impoñerse do xeito máis cru.

Se un piso valía vinte vendíase a cento vinte. O incremento dos precios compensada calquera desfase nos intereses, e xa non digamos calquera investimento.

Agora temos pisos parados, vendidos ou non, habitados ou non, que procuran comprador. E compradores hai pero non teñen medios para afrontar a compra a menos que as entidades bancarias e de creto abran a caixa da financiación. E Caixas e Bancos descobren que non teñen efectivo para prestar e que as súas finanzas tremen por estar asentadas en investimentos non de todo firmes.

Nesto que no contorno de Madrid un promotor promete construir pisos a cento vinte mil euros, precio de custo, para máis de dúas mil familias. E a xente créeo, e loitan polos pisos que estarán feitos -afírmase- dentro dun par de anos.

Cento vinte mil euros, nesta terra, excepción feita dos centros dos núcleos máis importantes, permiten mercar piso con tranquilidade. E se esto se asenta, máis que o van permitir. Pero ninguén nos vai vender pisos a precio de custo, porque todo elemento participante neste sector quere conseguir un rendemento lóxico e xusto.

O dos pisos non é máis que un elemento máis da crise que nos envolve. Se se quere, o elemento detonante ou o máis visible. Abusamos tanto do mercado inmobiliario que agora é un dos máis conflictivos, dos máis representativos, e dos que nos vai costar máis traballo recuperar. Ilusos á parte, o dos pisos volverá ó seu. Pero por agora vai tardar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES