Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 28 de octubre de 2022
A orde

Distribuír é o mesmo que repartir. Polo que esparexín os apuntes sobre a mesa e empezou a miña loita para a súa colocación, para o seu ordenamento. Por orde alfabética? Por cantidade? Por temática? Ás veces, colocar documentos, solicitudes, é dicir, papeis non é tan fácil. E moito menos para aqueles que son, que somos un pouco fanáticos da orde.
Pingas de Orballo Creo que o meu concepto da orde débese moito máis ó detalle da posterior busca, da facilidade de atopar algo que á propia orde en si. Sei que hai xente á que lle é máis fácil atopar algo dentro da desorde, do desamaño. Pero creo que as cousas ordenadas, a maiores de parecer ben, son máis fáciles de encontrar.
O problema chega en como levar a cabo esa orde. Como me gusta ler e como fanático dos libros que son, poño a estes de exemplo. Como podo colocalos nos estantes? Por orde alfabética do autor? Por orde alfabética do título? Polo volume, ou sexa, polas páxinas? Por temas? Por xéneros? Por editoriais? Polo ISBN? Por nacionalidades dos autores?
Xuntar é o mesmo que achegar. Así é que agrupo, reúno, arrimo, meto os documentos ou apuntes nunha carpeta ou en varias carpetas para gardalas en caixas de calquera maneira. Cando teña que buscar algo, entón si, prometo que para a próxima seguirei punto por punto, ó pé da letra todo o galimatías ese da orde descrita.

Son un bendito!

De camiño ó café estudei a posibilidade de cantarlle as corenta a alguén. Pero resulta que saíra da casa sen a baralla. Non obstante, no medio do atallo, díxenme que... malo será! E, efectivamente, empecei a esbardallar ou latricar contra todos os que se me puñan por diante. Menos mal que a maioría tan só se cruzaban comigo, é Pingas de Orballo dicir, que cando me vían, e para non chocar, apartaban eles e arredaba eu. Unha cousa é baduar con palabras e outra engancharnos fisicamente.
Aínda que os hai que merecen moito máis que unha rifa, mesmo, sen abusar do abuso (perdoade a redundancia), unha pequena labazada (ou unhas cantas, pero só como caricias) non lles sentaría nada mal. Como se adoita dicir: as cousas claras e o chocolate espeso. Emporiso, tampouco son eu de botar man da forza física. Pola sinxela razón de que son pouquiña cousa e sairía sempre perdendo. Sempre.
Mentres que, iso si, esbardallando ou laretando son do que non hai. A cantar máis palabras groseiras máis alzo a voz, ou sexa, máis berros. A berrar non hai quen me gane. Imaxinade se berro desde o alto dun outeiro. E as bocaladas, blasfemias ou grosarías... estas, xa sabedes, son coma aqueles famosos pecados veniais que o cura nos perdoaba cun Noso Pai e tres Ave Marías, que nunca rezabamos, claro. Digo que por moito que esbardalle, que blasfeme penso que son un bendito. Digo, non o sei.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES