Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lápidas e exequias fúnebres

miércoles, 26 de octubre de 2022
O día de Defuntos ten en Galicia unha longa tradición manifestada nos ritos funerarios que expresan o tránsito da vida á morte. O antropólogo Marcial Gondar sitúa esa cultura na identidade, afirmando que os vivos e os mortos ainda constitúen unha comunidade: o defunto está sempre próximo, mesturado cos vivos nunha interacción que traspasa a vida cotiá.

Esa comunidade está asentada na urdime afectiva da identidade, que vai permitirlle ao individuo, ao longo da súa adolescencia, chegar o coñecemento da súa "mismidade", é dicir daquelo que o confirma como unha mesma persoa en todo o seu desenrolo, "á par que o chanta no máis fondo da tradición do seu pobo e da súa raza", no dicir de Juan Rof Carballo, un galego que acadou renomeado prestrixiona medicina sicosomática.

Esa urdime afectiva da que nace o amor á Terra é instintivo no noso pobo. "O desexo da súa posesión éo aínda máis, pois ofrécelles a seguranza de vivir e morreren onde viviron e morreron seus pais. Manuel Murguía dicía que esta peculiaridade de amor á terra é case unha relixión. Así se explica o arraigo do culto aos mortos en Galicia.

Sen embargo, esa urdime afectiva é alterada, mancada, no tránsito da vida á morte, e queda reflectida nos camposantos. A anomalía consiste en perpetuar nas lápidas a memoria dos defuntos nun idioma distinto do que tiveron en vida.

Un mostreo realizado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) confirma esa perturbación cultural: nas zonas galegofalantes apenas hai lápidas en galegos; sendo nas cidades onde hai máis. As razóns para comprendermos estaparadoxal realidade ten as súas oríxes na falta de autoestima de amplos sectores do pobo no propio, fomentada por diversos axentes sociais.

Como todos os anos nesta segunda quincena do mes de outubro estanse a celebrar actos con intencionalidade pedagóxica para o restauro da identidade nos camposantos apelando á sensibilidade dos familiares dos falecidos para que substitúan as lápidas en castelán por outras en galego, e para que as exequias fúnebres se realicen na lingua do defunto.

Para conseguirmos o obxectivo cómpre que os concellos galegos teñan parte activa neste proxecto galeguizador. Os chamamentos da AFNLG dirixidos aos concellos, afíncanse na observancia do ordenamento xurídico vixente. Este é o caso da Lei da protección da Paisaxe de Galicia. Nela hai referencias explícitas aos cemiterios como espazos culturais singulares coas súas construción adxectivas, sobre as que desgrazadamente non se exerce ningunha vixilancia que evite que o sentido ilimitado que temos os galegos estrague panteóns e outras construcións funerarias. Os cemiterios deberían estar controlados por ordenanzas municipais que remedien esas intervecións desafortunadas que afean eses espazos da memoria colectiva.

Tamén a Lei da Calidade da Arquitectura sinala que "non pode haber desenrolo democrático se a cultura non é o seu núcleo, a maneira na que damos uso, mantemos e protexemos o noso patrimonio cultural".

Máis prolífica en medidas proteccionistas é a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia preceptuando que os bens inmobles son inseparables do seu entorno cultural. Estas premisas tivéronse en conta nas obras realizadas no mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño que incluíu a creación dun novo camposanto para acoller os restos que estaban nas tumbas situadas no adro. A novidade do proxectofoi poñer lápidas en galego a todos os defuntos, converténdose así no camposantos máis galeguizado do país.

O próximo día 2 celebraremos nas súas inmediacións un acto de especial significación co participación dun cento de nenos e nenas do Concello da Paradelaque escoitarán breves parlamentos previstos para a xornada, fomentando a sensibilidade na mocidade que garanta no futuro a harmonía lingüística entre as parroquias dos vivos e a dos mortos.

Este acto terá continuidade noutros concellos onde personalidades relevantes da vida institucional, académica e social procederán ao cambio das lápidas en castelán dos seus devanceiros por outras en galego para exemplo da cidadanía.

É de agradecer a adhesión da Federación Galega de Municipios e Provincias á organización do Día da Restauración da Memoria Lingüística. Sen embargo, lamentamos a indiferenza do Concello da Coruña á solicitude asinada por un cento de persoas de distintos ámbitos (xuristas, xuices, empresarios, científicos...) para erixirlle un acaído monumento funerario a Manuel Murguía que substitúa o seu sartego de propiedade municipal con lendas en castelán, localizado no cemiterio de San Amaro. A celebración do centenario do seu pasamento no mes de febreiro de 2023 xustificaría tal obra funeraria.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES