Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confiando no futuro

jueves, 27 de octubre de 2022
¿Que pasaría se unha persoa non confiara en sí mesma?
A min parécema que, en boa medida, estaría abocada ó fracaso.

Unha persoa necesita confiar en si mesma sabendo medir as súas capacidades para acadar os retos que se propón.

TEN QUE TER GANAS, CAPACIDADE E POÑERSE EN CAMIÑO.
Pois cos pobos, pasa o mesmo.
Moitas persoas consideramos que é necesario mellorar certas cousas que vemos que non levan bo xeito.
OS NOVOS TEMPOS VANNOS DICINDO QUE CÓMPRE QUE "AS AUGAS VOLVAN ÓS SEUS CAUCES" PORQUE "NON ESTÁ O ALCACER PARA MOITAS GAITAS".
Recuperar valores, administrarse mellor, prepararse máis e mellor…
Hai moitas persoas con ganas, con capacidade e con entusiasmo suficiente para confiar nun futuro prometedor para todos.
Hai moitas persoas que confiamos no futuro pola sencilla razón de que imos facer canto estea da nosa parte para que así sexa.
DO QUE SE TRATA E DE TOMAR CONCIENCIA E LOITAR POR UNHA CAUSA TAN BENFICIOSA PARA TODOS.
Todos imos na mesma barca e todos debemos remar na mesma dirección.
O QUE FAI UNHA PERSOA REPERCUTE NO CONXUNTO.

Posiblemente estivermos levando un ritmo de vida demasiado acelerado.
POSIBLEMENTE HAXA QUE PARARSE A RECUPERA-LA SERENIDADE NECESARIA PARA ENFOCAR A VIDA DUN MODO MÁIS HUMANO.

Os medios de comunicación avísannos de que son moitas as persoas que non lle encontran sentido á vida e deciden acabar con ela; principalmente persoas de idade avanzada.

A SOIDADE É MOI MALA COMPAÑÍA.

Entre todos temos que buscar fórmulas que nos permitan ter máis tempo para compartir coas persoas que máis queremos e ás que máis lles debemos.
Se facemos a vida máis levadeira, máis humana, con máis comprensión, cos máis amor uns ós outros; xa imos sementando confianza en nós mesmos e tamén no futuro.

Porque afortunadamente a lonxevidade do ser humano vai aumentando grazas á calidade de vida.

Temos motivos suficientes para confiar no futuro porque ganas non nos faltan e capacidade tampoco.
Unhas veces acertaremos máis e otras menos; pero sempre confiaremos en superar da mellor maneira posible os obstáculos que se vaian presentando.
Por eso estamos decididos a seguir.

"DECIDIDOS A SEGUIR..."

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES