Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 27 de octubre de 2022
Solta de pombas

Cando aínda me botaba a correr desde a aira ata a casa porque se me esquecera o chupete, ou o que é o mesmo, cando me faltaban once días para cumprir os tres anos de idade, lembro coma se fora onte a solta de pombas que se realizou en Baños de Pingas de Orballo Molgas o domingo 25 de marzo de 1962. Lembro o acontecemento e as pombas plando o ceo molgués, pero o que non consigo recordar ben (a ver, pobre de min, nin con tan sequera tres aniños) foi o lugar da solta. Non sei se foi desde a Aira do Pombal, desde A Rabaxoá, desde A Chaira o desde a propia Aira de Arriba. Descarto a Ansuíña e as Mestras polas carballeiras existentes e dificultando, polo tanto, o voo das aves. Tamén descarto o barrio da Estación porque, quéirase que non, sempre quedou bastante a desmán do núcleo da vila molguesa.
Tal evento levouno a cabo a Sociedade Colombófila Ás Composteláns, que xa viña realizando probas de adestramento todos os domingos para poder participar no mes de xuño no Campionato Rexional que se celebraría na capital do Imperio, ou sexa, Madrid. Tales probas, e ata ese momento molgués, realizáronse en Lalín, Ourense e Lugo.
A tantos anos dese feito, contan as crónicas que, logo das probas, dos ensaios, non houbo moitos extravíos. De pombas, se entende. Aínda que eu, ó día seguinte, si vin algunha que outra de máis sobre o campanario da igrexa.

A vida é movemento

Estudei a posibilidade de non moverme do sitio, pero non procedía. Quería bailar ó compás do universo e berrar ata esgazar a gorxa. Así é que me movín. E subín ó outeiro máis alto para berrar con dirección ós catro puntos cardinais: polo que fun, polo que son, polo que serei e por estar no lugar. O baile sería eterno; coma o universo.
Pingas de Orballo Tiven que moverme de novo para baixar do outeiro. Fíxeno ás boleiradas. Para chegar máis rápido ó caixón dos recordos ou ó regato dos pensamentos. Porque nunca me importou mollarme. Teño todo o tempo do mundo para secar. En movemento ou parado. En movemento seco a ritmos musicais e parado fágoo baixo o bater de ás da rula que me rolda.
Sigo a moverme. Chouto de planeta a planeta e de estrela a estrela. Sinto como levito por entre os meteoritos do silencio e baixo a brillante luz dos cometas do universo. Cando deixo de pensar en quimeras afogo as penas polos parágrafos dunha novela. Agora cada quen que pense ou que faga o que queira. Eu sigo a bailar ó compás dos latexos.
E bailo baixo a luz da lúa vella. E berro desde os faiados que dan para o leste. E corro tras as ansias do desexo. E procedo a non quedar nunca quieto. Porque a vida é movemento. E o movemento é un ir e vir, un bambeo de adrenalina que fai inchar as veas. E as veas amosan todos os devezos ou os folgos que se levan dentro. Agora cada quen que asuma esta lenda, este invento.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES