Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 26 de octubre de 2022
Nunca me pasa nada

Hai xente rara e hai xente á que lle pasan cousas raras. Hai un home que quere recostar a cabeza sobre o ombreiro da lúa e unha muller quere lamber as feridas. Non sei que feridas, pero iso quere. Unha parella de homes que non sei que de cruzar unha ponte sobre augas turbulentas e un señor maduro que fai uso duns timbais... e fai música!Pingas de Orballo
A min non me pasa nada diso! Nin diso nin de ningunha outra cousa. Simplemente que non me pasa nada. Incluso aínda que percorra quilómetros a base de choutos de saltón, nin tan sequera cando viaxo atado ou pexado ás ás dun anxo. Ou duns cantos anxos. Din que hai anxos no ceo e tan só un demo no inferno. Non sei que dicir.
A uns pásanlle as nubes brancas por enriba e eu teño as negras sempre encima. Pero iso non é pasar nada; simplemente están aí, e punto. Eu miro para elas e nada máis. Nin corren, nin se desprazan, nin soltan auga. A min nunca me pasa nada; e moito menos raro. Mesmo o outro día quixen tirarme ó tren cando estaba a chegar á estación de Baños de Molgas, a ver se me pasaba algo e, o maldito, non foi cambiar de vía! Entón, despois, non tardei en subir á Perla Negra por ver se afogaba, pero a condenada non naufragou!
A un grupo de xente, a negra sombra de Rosalía loita noite e día. A min nada; porque nin tan sequera fago sombra. Non obstante, confío en que co tempo me pase algo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES