Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 25 de octubre de 2022
Espírito da contradición

Quero ver unha película e non teño televisión. Quero escoitar unhas noticias e non teño radio. Quero ler uns artigos e non teño periódico. Quero intrigarme cunha novela e non teño libro. Quero falar cun amigo e non teño teléfono. Non teño nada! É igual. A película fágoa eu; escoito campás por algún lado; leo os sinais da natureza; e busco o descoñecido por entre os palleiros e os canastros da Aira de Arriba. Para falar non Pingas de Orballo necesito de ningún aparello; simplemente subo ó primeiro outeiro que atope no camiño e, desde el, berro. Como nos comunicabamos antes: a base de berros ou asubíos.
Non teño nada. Pero teño unha cabeza que me vale tanto para o tute como para a brisca. Que se alguén quere que escoite a Melendi, eu opto pola Cacho Señora Dona Barbra Streisand. Que se alguén me fala de patriotismo forrado con bandeiras, eu como que non, como que collo, a peito descuberto, polo carreiro do nacionalismo. Que se alguén borboriña ó oído unha canción de amor, a min éme suficiente asubiar unha estrofa de rebeldía. Porque é certo que teño unha cabeza coas ideas torcidas, pero son as miñas ideas.
Que se me din branco, eu digo negro porque non sei distinguir moi ben as cores. Que se me din que vaia, quedo quieto por... que remedio, estou tollido. Que se me din deixa estar, eu furgo na memoria dos recordos e xa veremos. Son un espírito da contradición. Pero, iso si, espírito libre, díscolo, rebelde e torto tamén. E que?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES