Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Funcionarios que funcionen

viernes, 14 de noviembre de 2008
O Director Xeral de Planificación e Fondos Comunitarios da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia ven de cuestionar o actual modelo de funcionariado de Galicia, por estimar que trata igual ó funcionario cumplidor que "ó que non da golpe".

Non estamos afeitos a escoitar esta lenguaxe nas voces de altos cargos da administración pública, entre outras cousas porque veñen recoñecer oficialmente que hai unha parte desta administración que non funciona sen que nunca se teña feito nada. Pero o problema é moito máis fondo e antigo porque se refire á esencia mesma do funcionariado, no que despois dunha proba pública - no mellor dos casos, que hai moitos que non pasaron probas deste tipo- o funcionario ten o seu posto asegurado e, traballe ou non, pode agardar tranquilamente a xubilación, final natural da súa vida administrativa.

O funcionario que, como dicía o Director Xeral, "non da golpe", non ten problemas para seguir co seu modus vivendi. O funcionario traballador, preocupado, cumplidor, non ten máis alicientes que a satisfacción do deber cumprido.

E de repente alguén descobre a situación e coida poder solucionala ou pórlle algún tipo de remedio, sinalando que debe gañar máis quen sexa máis productivo. Pero co aparato administrativo toparemos, cos sindicatos, cos dereitos adquiridos, cunha estructura poderosa dificil de mover.

En tanto, soa anxelical a idea formulada polo Conselleiro da Presidencia, de que o incentivo para os funcionarios traballadores sexa un sistema de mencións honoríficas, e en ningún caso incentivos económicos. Para diplomas estamos nos tempos que vivimos!.

Se chegamos aló, dentro de vinte ou trinta anos seguiremos a falar da necesaria reforma administrativa e da productividade dos funcionarios. Porque moito hai que cambiar nun sistema onde a veteranía é moito máis ca un grado, a promoción cumpre á perfección o Principio de Peter en canto a niveis de competencia, e pode tomarse como máxima a exclamación daquel ordenanza do Ministerio que cando vía pasar o Ministro indicaba: "Aí vai o interino".
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania