Esa xuventude existe
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 20 de octubre de 2022
Entre unha terra a barbeito e unha cultivada hai moita diferencia, ¿verdade?
Pois a mesma existe entre unha persoa pulida e outra sen cultivar.
A persoa pulida actúa con firmeza sen facer ruido e dá froito bo.
A xuventude que se esmera por cultivarse existe.Claro que existe.
-PODE SER OU NON SER A QUE SACA MELLOR PUNTUACIÓN ACADÉMICA, según a súa capacidade intelectual e as súas circunstancias persoais.
-PODE SER OU NON SER A QUE TEÑA MÁIS OU MENOS OPORTUNIDADES.
Existen xoves que pertenecen a familias económicamente humildes, pero son moi traballadores, responsables e respectuosos; que é o que conta.
-PODE SER OU NON SER A QUE MÁIS SOBRESAE SOCIALMENTE.
Algúns sobresaen porque están ben situados na sociedade.
Outros non teñen esa oportunidade; pero teñen moito mérito porque todo o que fan é a base de esforzo e dedicación.
EN CALQUERA CASO: EXISTE UNHA XUVENTUDE MOI SA.
ESA XUVENTUDE É A QUE "TIRA DO CARRO DO PROGRESO", É A QUE PROMETE.
Este tipo de xuventude é froito de familias con valores que sabe aproveitar as oportunidades que lle dá avida.
Hai moitas familias que educan en valores; pero aínda facían falta máis, moitas máis.
Unha criatura que medra no seo dunha boa familia e se rodea de amistades boas vai encamiñando a súa vida de modo adecuado para o seu desenrolo persoal.
CÓMPRE, POLO TANTO: EDUCAR EN VALORES E PREDICAR CON BOS EXEMPLOS.
TAMÉN CÓMPRE TER BOAS AMISTADES.
Unha boa amistade é un tesouro que nos enriquece e nos axuda enormemente no noso crecemento persoal.
Hai moitos xoves que teñen claro que cousas están ben e cales están mal e tamén saben elixir as amistades.
Saben discernir e elixen aquelo que os conduce a ser persoas formadas eformais.
Teñen tentacións como todos; pero esfórzanse en evitar a caída.
Son persoas xoves de moito mérito.
O mundo actual presenta moitos atractivos falsos; PERO TAMÉN MOITOS VERDADEIROS.
OS VERDADEROS SON OS QUE ENCHEN A ALMA E O CORAZÓN GUIADOS POR UN CEREBRO COAS IDEAS CLARAS CHEAS DE PAZ E AMOR.
O NOSO CEREBRO TEN UNHA CAPACIDADE ASOMBROSA.
Hai moitísimas persoas que saben sacar o máximo partido del:
Fórmanse e edúcanse para ocupar con dignidade o posto que a vida lles asigne.
Non hai profesións máis nin menos dignas.
AS PROFESIÓNS DIGNIFÍCANNAS AS PERSOAS.
Onde haxa un bo profesional, fai brilar a súa profesión.
E con bos profesiones constrúese o mundo que desexamos para todos.
HAI MOITA XUVENTUDE QUE PROMETE.
Os froitos verémolos nun futuro próximo.
De momento toca esmerarse na preparación adecuada deste divino tesouro.
PERO SEMPRE É TEMPO DE DAR O MELLOR DE NÓS, TEÑAMOS A IDADE QUE TEÑAMOS.
Unha persoa adulta ten moito que ofrecer e unha en idade senil, tamén.
SEMPRE É BO MOMENTO PARA REPARTIR PAZ E AMOR E TAMÉN PARA DISFRUTAR DE TANTAS E TANTAS OPORTUNIDADES QUE NOS PRESENTA A VIDA NO DÍA A DÍA.
Sempre é tempo de gozar do presente confiando no futuro.
"CONFIANDO NO FUTURO"
Este será o título do seguinte artigo.
Antes de rematar quero dá-las grazas a esa xuventude que loita con entusiasmo por un futuro mellor para todos.
Moitas grazas a vostedepor terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora