Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menos universitarios

jueves, 13 de noviembre de 2008
As cifras, normalmente, van in crescendo. E adóitase establecer cadros que marcan evolución de produccións, ingresos, vendas e calquera outro concepto mensurable. Neste caso, as cifras refírense a estudiantes universitarios en Galicia, e son decrecentes.

A Conferencia de Reitores das Universidades Españolas ven de facer público o informe das cifras da Universidade e os seus alumnos, que recolle datos do curso 2006-2007 en relación cos anteriores, apreciándose que en Galicia tiñamos neste curso algo máis dun vinteún por cento menos de universitarios que seis anos atrás.

O fenómeno -en maior ou menor grado- ven sendo compartido polo resto das universidades públicas españolas, onde se rexistra de media unha baixa do catorce por cento de estudiantes.

As universidades máis afectadas son as de Navarra, Asturias, Galicia e Aragón nas que se supera esa porcentaxe do vinteun por cento na que Galicia está inmersa.

No fenómeno, sen dúbida, terá que ver a evolución da sociedade galega e española que reflicte agora a diminución dos nacementos rexistrada nos anos oitenta, que se agora ten repuntado o resultado non se verá ata cursos por agora ben lonxanos.

Non hai que pensar en causas económicas ou sociais, porque a Universidade hoxe está plenamente descentralizada, e o seu acceso é pleno para quen reúna características precisas de idoneidade, salvando problemas económicos de outrora.

Aínda así, hai menos universitarios, moitos menos. Vintedous mil menos en Galicia. Terannos que explicar, ademáis das cifras, as causas que orixinan esta baixa e o que se vai facer diante desta situación. E incluso, agora que se quere potenciar a Formación Profesional, haberá que facer un estudio en paralelo de ambos mundos para ver como evoluciona a nosa sociedade en canto a formación para o futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania