Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O de Mbappé é un escándalo

lunes, 17 de octubre de 2022
O asunto de Kylian Mbappé é de escándalo! E os afeccionados madridistas ó ler esta exclamación pensarán que vou entrar a saco polo proceder deste xogador francés. Pois O de Mbappé é un escándalonon. Para min é moi libre que diga, que queira, que busque, que opine, que faga o que desexe, que seguro que será polo seu propio interese. Como nos pasa a todos, que buscamos o mellor interese. Polo que non somos nin máis nin menos honrados ca el.

O de escándalo ben polo propio seareiro merengue, que aínda non hai un ano andaban co Mbappé como cos ovos na peneira, "en palmitas"; que incluso esa admiración ía moito máis alá do propio xogador. Chegou a alcanzar á mesma selección francesa de fútbol. Inclusive cando se xogou aquela final da Liga de Nacións que nos ganou de "mala maneira" a selección francesa, sei que ós madridistas non lles importou que nos derrotaran. Algún ata se alegrou polo detalle ese do pasado barcelonista do seleccionador Luis Enrique, e de que ultimamente, claro está, chama a máis culés que merengues. É normal entón ver que o fanatismo vai varios chanzos máis arriba da propia lóxica. Nada menos que animando a Francia!, un país co que sempre mantivemos unha rivalidade bestial.

O que pasa é que chegou o momento en que Mbappé lles fixo "a puñeta" (porque, falando claro, iso foi un auténtico dardo no fociño), e entón si, entón, de golpe, ou como se adoita dicir, do amor ó odio vai un paso. Que va! Nin medio paso! Porque agora Mbappé é o inimigo número un do afeccionado merengue. E o dicionario quedaríase curto con todo o que se lle chegou a chamar. E o que se lle está chamando.

Mesmo os periodistas (para min, presuntos periodistas) non deixan de proclamar ós catro ventos o de "peseteiro". E por iso eses periodistas non están a traballar en periódicos de provincias ou en teles e radios locais de vilas onde Cristo perdeu o gorro. "Peseteiro" tamén poden ser Benzema ou Kroos ou Hazard ou todas as fichaxes que fixo o club branco. Porque, non pensarán que viñeron para o Madrid tan só para suar a camiseta? Ó mellor igual pensan que si, que viñeron por amor ó club. Porque a maioría das veces o fanatismo cega.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES