Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Correspondencia entre Eugenio Montes e Ibáñez Martín (1940-1942)

lunes, 24 de octubre de 2022
As cartas e as notas informativas, que se conservan no arquivo da Universidade de Navarra, enviadas e recibidas, entre Eugenio Montes e Ibáñez Martín, son numerosas e variadas. Os comunicados oficiais xunto coa correspondencia privada, axúdanos a entender o espazo de tempo, que abarca o final da Guerra Civil e o da posguerra que veu a continuación.
Durante un período de dez anos (1940-1950), case coincidente, co tempo de desempeño do cargo de ministro de educación de Ibáñez Martín, os dous protagonistas, apórtanos os fíos para poder ir tecendo unha extensa tea, que por momentos amosa escintileos de modernidade, con longos traxectos, nos que se volve monocromática, espesa e uniforme. As penurias que toda guerra supón, ao ser fratricida, estas increméntanse, co elevado número de falecidos e asasinados en ambos bandos; a esta traxedia, hai que engadir a enorme cantidade de exiliados, expulsados e represaliados, que tivo que sufrir a parte perdedora.
A perda de talento e de persoas formadas, produciu unha brecha, intensa e profunda, que foi moi difícil de paliar, un dos campos máis afectados foi o da ensinanza.
Os dous ten unha historia de vida moi parella: estudantes brillantes, formados, ideas conservadoras, intelectuais comprometidos e propagandistas do réxime de Franco.
No reparto dos cargos políticos, Ibáñez Martín tivo maior fortuna, en cambio Montes, á máxima recompensa, como premio a tanto esforzo e implicación foi a dirección do Instituto Español de Lisboa e a continuación, nun movemento horizontal, a dirección do Instituto de Roma.
A primeira información da que temos constancia, é unha nota de Ibáñez Martín, do día 22 de novembro de 1940, que lle enviou a Montes ao enderezo da "Real Academia Española. Felipe IV, 4. MADRID". Na que lle solicitaba unha colaboración para a Revista Nacional de Educación, de próxima aparición, (anexo1).
Artigo que Montes escribiu sobre: "El Consejo Superior de Investigaciones Científicas" e que enviou con rapidez.
[Recibe mi rendida gratitud, por el gran servicio que has prestado a la cultura española, con tu magnífico artículo sobre el Consejo Superior de Investigaciones Científicas], (anexo 2).
Na carta manuscrita, con papel timbrado do Ministerio de Asuntos Exteriores. Instituto Español de Lisboa, de data 18 de febreiro de 1941, Montes agradece o nomeamento de membro do Consello Nacional de Educación (anexo 3).

[Mi querido amigo y Ministro:
Quiero agradecerte el nombramiento de Miembro del Consejo Nacional de Educación con que me honra tu vieja amistad.]
O telegrama, con data ilexible, enviado por Montes desde Canarias, era para solicitarlle impartir docencia na Universidade de Lisboa (anexo 4).
[Desde Canarias dando conferencias enviado por el partido te saludo cariñosamente recordándote que me interesa ser nombrado doctorado o cátedra de literatura española Universidad de Lisboa]
Esa responsabilidade, xunto ca de agregado cultural da embaixada, que ía solicitar na seguinte carta, foron ocupados por o catedrático do Instituto, D. Ramón Martínez López, ata a súa expulsión de Portugal, a primeiros de setembro de 1936, por o réxime de Salazar, e estaban vacantes nese momento.
A carta manuscrita, de tres folios, dous deles por ambas as dúas caras, en papel timbrado co nome de Eugenio Montes. De la Real Academia Española, engadido o enderezo do Instituto en Lisboa, coa data do día 6 de maio de 1941, (anexo 5).
Montes expón de forma detallada os motivos da solicitude do nomeamento de agregado Cultural da Embaixada de España en Lisboa:
[quería pedirte (...) el nombramiento de agregado cultural a la embajada de España en Lisboa. De hecho, estoy realizando esa función y con intensidad, pero quiero tener también el derecho].
A continuación: detalla a forma de facelo efectivo; informa que no orzamento de Educación Nacional, hai consignados dous agregados culturais e o baixo custe que supón o seu nomeamento, dado que soamente se lle deben de abonar os gastos de representación.
[nombramiento por Asuntos Exteriores, tras tu beneplácito, y confirmación por ti en tu ministerio.
En el presupuesto de Educación Nacional he visto consignación para dos agregados culturales (...). Yo no podré cobrar el sueldo, porque ya tengo el de catedrático, pero los gastos de representación sí. Y -perdóname la franqueza- los merezco].
Por a felicitación de Ibáñez Martín, de data do 23 de agosto de 1941, temos información, da actividade cultural de Montes, a raíz da entrevista no diario de Lisboa, (anexo 6).
[Te felicito (...) por tus declaraciones al diario de Lisboa. Realmente desde ese magnífico emplazamiento, puedes hacer una fecundísima labor, en efectivo provecho de unas hondas e inteligentes relaciones, entre Portugal y España].
A tarxeta de visita de Montes, impresa co cargo de agregado cultural da embaixada de España, que acompaña coa noticia do diario de Lisboa, confirma o seu rápido nomeamento, (anexo 7).
A carta manuscrita nun folio, por as dúas caras, en papel timbrado da "Embajada de España en Lisboa. Agregado Cultural, enviada por Montes o día 8 de decembro de 1941, está escrita nun ton oficial, para informar ao ministro das actividades culturais en Lisboa de D. Joaquín de Entrambasaguas (1), invitadopor Instituto Español de lingua e Literatura, (anexo 8).
[ha estado estos días en Portugal, en viaje de expansión cultural el catedrático de la Universidad de Madrid (...) y miembro del Consejo de Investigaciones Científicas, Don Joaquín de Entrambasaguas.
Celebró dos conferencias (...) La primera en la Universidad de Coímbra (...) acerca de un códice inédito de Lope de Vega (...) La segunda conferencia tuvo por tema: Lope de Vega y el teatro nacional; celebrada en la facultad de Letras de Lisboa]
Montes enviou ampla información da repercusión que tiveron as conferencias na prensa portuguesa: Diario de Lisboa, Diario da Manhá e O Século, xuntocunha tarxeta de visita co texto familiar, que suple a frialdade do oficial, (anexo 9).
[Con un abrazo particular al querido amigo, compañero y camarada. Pepe Ibáñez]
Montes, ademais do traballo no Instituto, no que imparte docencia, da aulas na Universidade e atende ao traballo da embaixada como agregado cultural, aínda lle queda tempo para facer unha análise comparativa do custe das matrículas nos principais países europeos, que le envía ao ministro e que este agradece, (anexos 10 e 11).
"José Ibáñez Martín 1896-1969 Ministro de Educación Nacional de España (1939-1951), nació en Valbona (Teruel) el 18 de diciembre de 1896 y falleció en Madrid el 21 de diciembre de 1969. Licenciado en Derecho y en Filosofía y Letras (logró el Premio Extraordinario en ambas carreras) por la Universidad de Valencia. Inexcusablemente ligado al gobierno del General Franco, su primer trabajo consistió en la preparación, en 1937, junto a hombres como Fernando Valls Taberner (diputado de la Lliga regionalista por Barcelona en las elecciones del 16 de febrero de 1936) y Eugenio Montes Domínguez (escritor gallego, colaborador durante la guerra del bando nacional, [1900]-1982), de una campaña de promoción del nuevo régimen en Hispanoamérica. Tras la renuncia de Pedro Sáinz Rodríguez como Ministro de Educación Nacional (27 de abril de 1939), el 9 de agosto de ese mismo año, Ibáñez Martín ocupa la cartera de Educación, formando parte del segundo gobierno de Franco. Compatibilizó sus funciones como ministro con las de presidente del Consejo de Estado. El 19 de julio de 1951 cesa como ministro y le sustituye Joaquín Ruiz Giménez. Es nombrado embajador de España en Portugal, hasta que en 1969 pide ser relevado por motivos de salud, falleciendo en Madrid ese mismo año. En 1967 ingresó en la Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, con el discurso Suárez y el sentido cristiano del poder político, que fue contestado por Luis Legaz Lacambra" (2).

NOTAS
1. Joaquín de Entrambasaguas Peña
https://dbe.rah.es / joaquin-de-entrambasaguas-pena
Joaquín de Entrambasaguas y Peña
https://institutoestudiosmadrileños.es / portfolio_page

2. José Ibáñez Martín 1896-1969 - Filosofia.org
https://www.filosofia.org / ave
José Ibáñez Martín | Real Academia de la Historia
https://dbe.rah.es / biografias / jose-ibanez-martin
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES