As parroquias: patrimonio rural
Santalla, Iago - miércoles, 19 de octubre de 2022
O concepto de parroquia en Galicia transcende o feito relixioso. En Galicia a parroquia é un conxunto de aldeas que teñen en común unha igrexa e un cemiterio pero tamén comparte infraestruturas, traídas de auga, festas e outras labores.Este feito mantense no tempo a pesares da despoboación rural, o envellecemento do sacerdocio e o cambio de hábitos das novas xeracións.
Todo cambia e hoxe os sacerdotes do rural son pura militancia pero a militancia ten os límites humanos do corpo. Despois deles que? Coido que a resposta e a solución ten que vir do Vaticano e dos bispados pero, as persoas que temos defuntiños (como di Manuel María), levamos con nós a obriga de manter a memoria e tamén coidar ese derradeiro espazo que encheron.
É necesario coidar o noso, a nosa historia, manter os nomes do pasado. É necesario valorar a intrahistoria como o verdadeiro motor da historia. É necesario dicir que o grande agromou do pequeno. Se cadra chegou a hora que o grande mire polo pequeno. Se cadra débello...
Coidar este patrimonio debera ser tan importante como o mantemento dos grandes monumentos que fan de nós un país turístico. Non podemos contar a nosa historia exclusivamente dende estes monumentos. A nosa historia ten no rural e na parroquia un cerne imprescindible.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora