Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rapaces problemáticos

miércoles, 12 de noviembre de 2008
Ensinar é difícil. E os ensinantes teñen un especial papel na formación das xeneracións que nos sucederán á fronte da vida deste país.

Se houbo tempo no que "a letra entraba con sangue", e os alumnos sufrían a dictadura do escolante, tamén se consideraba que houbera ou habería tempos en que esa sangue non fose do alumno senón do mestre.

Sen considerar que eses tempos teñan chegado, si hai que apreciar que o papel do docente cada vez ten máis problemas, e na actualidade hai a conciencia de que ser profesor ten cada vez máis atrancos porque os alumnos son cada vez máis difíciles, recrudecéndose estas dificultades nas zonas urbanas e quedando aínda como lugares relativamente apacibles os do medio rural.

Sen embargo, se miramos as cifras oficiais de alumnos expedientados en Galicia nos últimos tempos, non reflicten un panorama tan problemático. Veñen ser arredor de mil alumnos os expedientados cada ano, que por provincias veñen ser o último ano o 0,43% na Coruña, o 0,34% en Pontevedra, o 0,33% en Ourense e o 0,15% en Lugo. Entre A Coruña e Pontevedra veñen oscilando as maiores porcentaxes de expedientados, sendo sempre Lugo e Ourense os que ocupan os últimos lugares.

A conflictividade nas aulas, por pequena que pareza, ten unha fortísima repercusión por ser na etapa e nas institucións da formación, e polo efecto de "bola de neve" que os acontecementos cobran nestes ámbitos.

E sen embargo, cómpre por todos os medios reducir a conflictividade entre os estudantes, precisamente porque é o peor exemplo que poden recibir todos os membros do colectivo, e porque pode ocasionar moito máis graves problemas no futuro.

Os rapaces problemáticos necesitan máis atención, orientación e apoio, e nesto as súas familias teñen un papel esencial. Son relativamente poucos, pero hai que telos moi en conta para reducir o seu número e os seus efectos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES