Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 14 de octubre de 2022
Coa igrexa topamos

No ano 1956 eu aínda non nacera e non sei como estaría a igrexa parroquial do san Salvador de Baños de Molgas, pero segundo reflicte un xornal desa época debía estar mal, xa que polo señor Gobernador civil e presidente do Consello Provincial da Vivenda ordenouse a entrega de 20.000 pesetas (que xa eran cartos) ó cura párroco da Pingas de Orballo citada igrexa. Eses cartos concedéronse como subvención pola Dirección Xeral do Instituto Nacional da Vivenda con destino ás obras de reparación do templo. Seguro que chovería dentro e habería que retellar.
O que me chama tamén a atención e a redacción de que se lle fai entrega de tales cartos ó propio cura, xa que os malos pensamentos axiña choutan coa desconfianza de se non se quedaría con algo. Si, son un mal pensado. O cura párroco nese ano é o mesmo ó que coñecín toda a vida: don Manuel Pulido Vázquez, e creo que era bo home, aínda que máis dunha vez os meus pais contaban que lle deixaran moitas veces o burro (viviamos pegadiños á igrexa) para desprazarse a outras parroquias ou lugares e que nin tan sequera era capaz de darlle logo uns carrouchos ó propio animal.
De todos é sabido que naqueles tempos a Igrexa sabía facer bo uso do seu poder. Como o de axudarlles nas labores agrícolas cando era tempo de sementeiras e colleitas. E todos sabemos que as posesións da Igrexa non eran media ducia de áreas; máis ben había que botar man das medidas por hectáreas. Pero xa se sabe que... coa Igrexa topamos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES