Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 12 de octubre de 2022
Folga de fame

Estiven nun amén de facer folga de sono para non durmir. Pero axiña me dixen que para que? Son de pouco durmir. Aínda que, cada vez máis a miúdo, empezo a topenear de máis cando vexo as películas nocturnas. Agora mesmo non ten graza facer folga de sono. Como non a tivo unha vez, de rapaz, que lle fixen folga de fame a miña Pingas de Orballo nai. Imaxino que sería porque non me deixaría ir ver algunha película (antigamente só viamos as películas nos bares porque moi pouquiños tiñan aparellos televisivos nas casas), ou porque non me deixaría ir a algunha verbena. O caso foi que lle dixen que faría folga de fame. Botouse a rir e dixo que así tamén aforraba.
Esa noite non ceei e, ó seguinte día, coincidiu que ó andar na finca do Piual necesitabamos unha fouce que, polo que fose, non levaramos. Apunteime ó instante para ir á casa a buscala, máis ou menos a un quilómetro. Ben sabe Deus que non o fixen pola fouce nin por facerlle un favor a nai, senón porque xa me imaxinaba facéndolle un asalto á lacena, máis en concreto ó xamón. Era un produto que reservabamos bastante para certas ocasións, para certos traballos (sega da herba, seitura, etc, que os demais non eran dignos de tal manxar), polo que ela non se imaxinaría que eu lle metería un ataque.
Dito e feito. Fun pola fouce, ataquei no xamón, pero... pero chámalle parva a miña nai. Non tardou en darse conta de que o xamón baixara e a burla, a mofa aínda se fixo máis sonora. Desistín de seguir coa folga de fame. Como xa desistín da folga de sono.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES