Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nas súas mans está o futuro

jueves, 13 de octubre de 2022
O ser humano ten un tempo e un espazo moi limitado para realizarse.

Unha parte da vida dedícaa á crianza e non pode producir.
Outra parte dedícaa a formarse e, xeralmente, tampoco produce.
Despois chega a parte propiamente productiva e cando menos pensa xa se atopa na etapa senil.

A nosa natureza é así.

Con todo é nese tempo cando nos realizamos e facemos a nosa aportación á sociedade e ó mundo en xeral.

Pero... O FUTURO ESTÁ NA XENTE NOVA.

Esa xente nova na que tanto pensan os avós e os pais de hoxe en día.
¿Qué futuro lles esperará?
Algúns están moi preocupados.
Natural.
O mundo non é perfecto...

O futuro ninguén o sabe.
O ÚNICO QUE SABEMOS É QUE CÓMPRE PREPARALO O MELLOR QUE SE POIDA.
Para que o mundo siga a súa evolución natural, cómpre dedicar moita atención á xente nova.

Porque para labrarse un futuro prometedor, terán que esforzarse desde o principio.
Os retos a superar son moitos...

TEREMOS QUE APOIALA DESDE O BERCE DÁNDOLLES UNHA EDUCACIÓN EN VALORES.

Eses valores válidos para todos:
Respecto, laboriosidade, esforzo, honradez, lealdade, solidariedade, empatía, tolerancia, constancia, disciplina...
Sentido común

ESTES E OUTROS VALORES DEBERÍAN APRENDERSE NA CASA PORQUE A FAMILIA É A MELLOR ESCOLA.

Hai moitas familias que fan ben os deberes.
Eso nótase nas criaturiñas que son agradecidas, cariñosas, respectuosas…
Dá xenio velas.

Nesas familias vívese un RESPECTO moi profundo empezando polas persoas maiores; nun ambiente de laboriosidade, lealdade, honradez, solidariedade, empatía, tolerancia, disciplina, constancia...
Hai familias que saben moito sobre educación en valores:

-Laboriosidade porque do traballo sae todo.

-Lealdade porque precisamos persoas de fiar.

-Honradez no moito e no pouco porque se bota en falta hoxe en día.

-Solidariedade para axudarse mutuamente.

-Empatía para intentar comprender ós outros:
¿Que faríamos nós se estiveramos no seu lugar?
¿Cómo nos gustaría que nos trataran?

-Tolerancia para soportar con paciencia os defectos do próximo, porque nós tamén os temos aínda que moitas veces nos os vexamos.
A veces non os queremos ver e fanse crónicos como moitas doenzas.

-Disciplina e orde porque todo ten o seu propio ritmo.

-Constancia para non defalecer ante os contratempos que presenta a vida.

ESAS FAMILIAS SON O SOSTÉN DO MUNDO.

A xente nova educada neses valores será a luz e o sal a terra.

Esa xuventude merece toda a nosa atención.

"ESA XUVENTUDE EXISTE"
Este será o título do seguite artigo.
Moitas grazas pola súa colaboración en aras dun futuro prometedor.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES