Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marcelinos

martes, 11 de octubre de 2022
A semana pasada rendemos unha emotiva homenaxe ao meu homónimo Marcelino Couso Crismán pola súa axuda na organización da Misa de Rosalía de Castro, pois nos primeiros anos patrocinou as ofrendas florais dos Centros galegos de América, en particular os da capital arxentina.

Como lembrou Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de emigración da Xunta de Galicia, a pegada de Marcelino Couso é patente en distintas capitais americanas, nas que permanecen bustos de Rosalía de Castro e mesmo un cruceiro que doou para manter viva a chama da cultura galega.

Un amigo común, chamado Xerardo Fernández Albor, presentoume hai moitos anos a Marcelino Couso e comprobei desde o minuto cero a súa gran xenerosidade e bondade. Pero tamén me decatei de que é un home con gran sentido do humor e sabedoría. Por iso, sempre que o vexo dígolle que non hai un Marcelino malo.

Non tratei a moitos Marcelinos, é certo, pero todos sen excepción resultaron ser persoas extraordinarias. Entre eles, Marcelino Oreja Aguirre, un compostelán de adopción ao que lle presentamos o pasado mes de xuño un fantástico libro cos seus discursos europeístas na Facultade de Filosofía da USC, con prólogo do ex-ministro Íñigo Méndez de Vigo que participou no acto.

Coñecín tamén a un Marcelino, funcionario da Universidade de Vigo, na Feira Internacional de Universidades do Porto, que formaba parte do persoal que atendía a nosa caseta. Con só estreitar a miña man, soubo que eu era un bendito, mortificado polas envexas, e, ao día seguinte, limpoume, liberándome de todas esas enerxías negativas que me asolagaban. Deus llo pague con netos!

Eu levo este nome en recordo dun tío avó que morreu en Cuba. A avoa dicíame sempre que era un gran tipo. O que corrobora a miña hipótese de que non hai un Marcelino malo.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES